jump to navigation

CARTA A SABELA 2007-11-01

Posted by biblioxograr in : CLUB DE LECTURA , add a comment

Ben querida Sabela:

Como é sabido por todos, vén de xubilarse, o pasado 21 de febreiro, a nosa querida compañeira Sabela. Dende a biblioteca do centro, e en concreto dende o club lector, queremos ofrecerlle un pequeno “agasallo”, non por nada en particular, senón por todo en xeral.

Sempre que se lle pediu axuda ou participación, alí estivo; eso si, cunha gran modestia e sen facer ruído, a pesares das cousas tan valiosas que nos leva aportado. Sempre animando, participando e colaborando: por iso e por moito máis, grazas Sabela.

            Nunha ocasión falaba desa “marabillosa aventura” de coñecer o mundo fantástico (pero non irreal) que nos proporcionan os libros. Ben, pois agora temos a sorte de compartir todo iso contigo máis de perto.

Sabemos que durante bastante tempo un dos teus autores preferidos foi Frank Slaughter, noutro momento Bernabé Tierno; pero tamén sabemos, porque así o sentimos, é que calquera dos libros que leamos no noso Club de Lectura, valo ler co mesmo interese e cariño.

Grazas de novo, sorte e saúde para disfrutares da lectura e de todo o demáis. Bicos mil.

           

                                                          

Grupo de compañeiras do Club Lector