jump to navigation

PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA “O XOGRAR LECTOR” 2008-01-31

Posted by biblioxograr in : CLUB DE LECTURA , 1 comment so far

Onte, 30 de Xaneiro, coincidindo coa celebración do Día da Paz, reunímonos na biblioteca os membros do club lector.

Como introducción, Ramón Noche ofrecéunos unha presentación sobre os campos de concentración alemáns durante a 2ª Guerra Mundial. Logo, todos, profes, alumnos e persoal non docente, falamos das nosas experiencias ó ler o libro “O neno do pixama a raias”.

Foi unha posta en común animada e  entrañable, que desexamos se repita o máis axiña posible, polo que xa estamos a traballar para a seguinte reunión.

Grazas a todos pola vosa participación!!!

Pensando na PAZ 2008-01-28

Posted by biblioxograr in : CONMEMORACIÓNS , add a comment

 

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA PAZ 2008-01-24

Posted by biblioxograr in : CONMEMORACIÓNS , add a comment

TÍTULO: POEMAS POLA PAZ

Iniciativas tan marabillosas como esta deberían espallarse e facer posible que os únicos bombardeos que houber polo mundo foran de poemas.

A poesía é unha arma cargada de futuro
Gabriel Celaya

Segundo traballo colaborativo dos Blogs das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ

“PAZ”

É a man da paz a santa paz que enxoita

bágoas do dor en sangue da ferida,

reconforto da alma esmorecida

polos estragos da mundana loita.

 

É a man da paz a santa man recoita

que acolle a ovella no breñal perdida

e pondo os lobos irtos en fuxida

verte a mel do consolo encol da coita.

 

Trouxo, ó baixar do ceo, unha roseira

da que fixo ó silencio xardineiro

coa soedade por guión e freira.

 

E a chantóu, con acerto milagreiro,

na terra máis doada e criandeira;

o recatado craustro do mosteiro.

Ramón Cabanillas

Recomendamos as seguintes películas relacionadas co tema da paz:

  • La lengua de las mariposas / A lingua das bolboretas
  • O lapis de carpinteiro
  • El diario de Ana Frank
  • La vida es bella
  • La vida secreta de las palabras
  • Cadena de favores
  • Gandhi
  • La lista de Schindler

CLUB DE LECTURA 2008-01-14

Posted by biblioxograr in : CLUB DE LECTURA , 1 comment so far

Ponse en marcha o CLUB DE LECTURA do noso Instituto. A lectura escollida para a sesión de inaguración é

titulo.GIF

O mércores, día 30 de Xaneiro, ás catro da tarde, terá lugar a primeira sesión do noso club de lectura “O XOGRAR LECTOR”.

¡¡¡ANÍMATE A PARTICIPAR!!!!

Hai exemplares do libro na biblioteca.

 

“Puxo a cara contra o vidro e viu o que había fóra. Desta vez, cando os ollos se lle abriron como pratos e a boca lle formou un O, as mans quedáronlle pegadas ao corpo porque houbo algo que provocou que se sentise moi frío e inseguro.”

Podes deixar o teu comentario.

O LIBRO 2008-01-09

Posted by biblioxograr in : Sen clasificar , add a comment

A palabra libro está moi preto da palabra libre;
só a letra final as distancia: o o de libro e o e de libre. Non sei se ámbolos dous vocábulos veñen do latín liber, pero o certo é que se complementan perfectamente; o libro é un dos instrumentos creados polo home para facernos libres. Libres da ignorancia e a ignominia, libres tamén dos demos, dos tiranos, de febres milenaristas e turbios lexionarios, do oprobio, da trivialidade, da pequenez. O libro afirma a liberdade, amosa opcións e camiños distintos, establece a individualidade, ao mesmo tempo fortalece a sociedade,e exalta a imaxinación.                           
Houbo libros malditos en toda a historia, libros que encadean a intelixencia, conxélana e lixan a humanidade, pero eles quedan derrotados polos xenerosos, como O Quixote, Guerra e paz, as novelas de Galdós, todo Dikens, todo Shakespeare, A montaña máxica, os poemas de Whitman, e os de Rubén Darío, López Velarde, Pablo Neruda e Octavio Paz, Antonio Machado, Luis Cernuda e tantísimos máis que derrotaron ós outros.
Se o home non crease a escritura non teriamos saído das cavernas. A través do libro coñecemos todo o que está no noso pasado. É a fotografía e tamén a radiografía dos usos e costumes de todas as distintas civilizacións e os seus movementos. Polos libros coñecemos o pensamento chinés, grego, árabe, o de todos os séculos e todas as nacións. En fin, o libro é para nós un camiño de salvación.
Unha sociedade que non le, é unha sociedade xorda, cega e muda. 

Sergio Pitol. Premio Cervantes 2005