jump to navigation

CLUB DE LECTURA 2008-01-14

Posted by biblioxograr in : CLUB DE LECTURA , trackback

Ponse en marcha o CLUB DE LECTURA do noso Instituto. A lectura escollida para a sesión de inaguración é

titulo.GIF

O mércores, día 30 de Xaneiro, ás catro da tarde, terá lugar a primeira sesión do noso club de lectura “O XOGRAR LECTOR”.

¡¡¡ANÍMATE A PARTICIPAR!!!!

Hai exemplares do libro na biblioteca.

 

“Puxo a cara contra o vidro e viu o que había fóra. Desta vez, cando os ollos se lle abriron como pratos e a boca lle formou un O, as mans quedáronlle pegadas ao corpo porque houbo algo que provocou que se sentise moi frío e inseguro.”

Podes deixar o teu comentario.

Comments»

1. María - 2008-01-30

Ola!
Eu estou no club de lectura, a reunión de hoxe estivo moi ben, pareceume moi interesante.
Recoméndolle a máis xente que probe, polo menos ir un dia, o tema de hoxe gustoume moito, era algo polo que tiña curiosidade, ainda que me descolocou un pouco, foi unha gran matanza…

A min gustaríame propoñer libros de fantasía, que é o meu xénero favorito, como por exemplo “Memorias de Idhún” de Laura Gallego, é unha saga moi boa pero ten o problema de que os libros son moooi longos (o mais pequeno ten mais de 600 páxinas); tamén me gustaría moito que lésemos os libros de Harry Potter, de J.K. Rowling, os tres primeiros son bastante cortiños e enganchan moito, e dese modo fomentaríase a lectura, porque se a xente lee un e lle gusta case seguro que vai ler os outros 6; outra saga que está moi ben é Los Guardianes del tiempo, de Marianne Curley, unha saga de tres libros curtiños que tamén me gustaron, tamén hai unha saga, ainda sen rematar que se chama “Ulisses Moore, e que son algo máis simples pero tampouco están nada mal; e despois hai un libro que non rematei ainda por falta de tempo que se chama La Emperatriz de los Etéreos, é un libro único sen ningún tipo de continuación e tamén está escrito por Laura Gallego.

Despois hai un libro do que todo o mundo fala maravillas, pero que eu non fun capaz de acabar e ese libro é Diario de Ana Frank, realmente moi triste, e resultoume tan forte que o decidín deixar para dentro duns anos.

ESTO FOI TODO, ADEUS.