jump to navigation

PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA “O XOGRAR LECTOR” 2008-01-31

Posted by biblioxograr in : CLUB DE LECTURA , trackback

Onte, 30 de Xaneiro, coincidindo coa celebración do Día da Paz, reunímonos na biblioteca os membros do club lector.

Como introducción, Ramón Noche ofrecéunos unha presentación sobre os campos de concentración alemáns durante a 2ª Guerra Mundial. Logo, todos, profes, alumnos e persoal non docente, falamos das nosas experiencias ó ler o libro “O neno do pixama a raias”.

Foi unha posta en común animada e  entrañable, que desexamos se repita o máis axiña posible, polo que xa estamos a traballar para a seguinte reunión.

Grazas a todos pola vosa participación!!!

Comments»

1. Sandra e María - 2008-02-13

PROPOSTA PARA LECTORES COMPULSIVOS

A moita xente gústalle montar en bici e a outros xogar ó fútbol, para exercitar o corpo; a nós, os membros do Xograr Lector, o que nos gusta e exercitar a mente e, ¿que mellor forma de facelo que lendo o que nos gusta?
Pero aparte do Xograr Lector, estase pensando en facer “subgrupos” nos que participen as persoas as que lles guste moito un xénero (aventura, fantasía, medo, ciencia-ficción…) e debatir sobre libros que traten en especial de ese tema.

A proposta que escribimos nestas liñas, vai dirixiada a todo o mundo pero se padeces algún dos seguintes síntomas vaivos interesar moito:
—Soñas con voar en vasoiras, dragóns ou nalgunha outra cousa pouco concreta.
—Intentas atopar a porta a outro mundo, planeta, galaxia ou dimensión.
—Levaches unha terrible decepción cando chegou o teu 11º aniversario e no teu buzón non estaba a carta de Hogwarts.
—Confundes os sales de baño con polvos máxicos.
—Quédaste horas e horas nun sofá cun libro nas mans, esperando entrar nel.
—Fas todo o posible por atoparte cunha nova especie (trasnos, cans-gato, trols, licántropos…).
—Encantaríache viaxar no tempo.
—Quédaste quieto mirando cara o que tés ó arredor e preguntandote que haberá que ti non coñezas.
O primeiro libro que vos queremos propoñer é “MEMORIAS DE IDHÚN, LA RESISTENCIA”, un libro da autora Laura Gallego García. Xa pedimos que se lean libros seus nas reunións do Club Lector, pois a nós gustanos moito o xénero de fantasía, e pensamos neste, e, ainda que é algo longo, ten a ventaxa de que ben dividido en en dúas partes e pódese ler solo a primeira e, a xente que queira, que o termine ou que siga con toda a triloxía.

AS VENTAXAS QUE TEN:
-É un libro que trata de temas de actualidade.
-Tamén é un libro que vai dar moito de que falar, pois a xente probablemente se divida en dous (ou incluso tres grupos) distintos, e sería un debate moi interesante do que nos gustaria falar, pois entre nós non nos damos posto de acordo, e sería, repito, mooooi interesante.
-Hai moitos temas aparte do tema principal (ainda máis para debatir).
-E un libro que engancha moito.
-Non todo é o que parece.
-Nunca se sabe o que vai pasar.
-Os capítulos están moi unidos.
-Conta o que pasa en varios sitios á vez.

E xa non podemos contar máis porque destripamos o libro todo.
Os nome dos libros do resto da triloxía para os que estéan son: “MEMORIAS DE IDHÚN, TRÍADA” e “MEMORIAS DE IDHÚN, PANTEÓN”.
Aqui deixamos o link da páxina de Laura Gallego, está moi detallada:
http://www.lauragallego.com

Gustaríanos moito que algún profe tamén se animara a participar, sería interesante saber que opinan os adultos que, pensamos, son os que máis insisten en que debemos ler.

Esperamos que se teñan en conta as nosas suxerencias.

NON NOS ESTENDEMOS MÁIS, ADEUS.