jump to navigation

CURIOSIDADES 2008-02-21

Posted by biblioxograr in : CLUB DE LECTURA, Sen clasificar , 1 comment so far

Recomendámosvos unha páxina  en inglés, onde recompilan todos os libros prohibidos e censurados e o seu motivo. A maioría considéranse perigosos polo seu contido en determindos países. Podes buscalos por título, autor ou polos motivos polos que foron censurados.

Para facerche unha idea, se os buscas por título, o primeiro que aparece é 1984 de George Orwell. O motivo do seu perigo é que é prol-comunista e contén material sexual explícito. O “Gran Irmán” non quere que leamos algo así.

Outro exemplo é Hamlet de William Shakespeare, que foi censurado en Etiopía…

http://quotes.forbiddenlibrary.com/ 

——————————————————————————————————————

A finais do mes de setembro, celébrase en EEUU  “A Semana dos libros censurados”, unha actividade promovida pola Asociación de Bibliotecas Americanas.

É unha boa oportunidade para reflexionar sobre a importancia da liberdade intelectual. Tamén podemos aproveitar para ler algún libro que estivera censurado como por exemplo, Tom Sawyer, O Mercader de Venecia, a serie de Harry Potter, O Cantar dos cantares….

——————————————————————————————————————

Index Librorum Prohibitorum et Expurgatorum ou “Índice dos libros prohibidos”, tamén chamado Index Expurgatorius é unha lista das publicacións que a Igrexa Católica  catalogou como libros perniciosos para a fe. Como lista oficial e a excomunión que implicaba a lectura destes libros, foi abandonada o 14 de xuño de 1966, baixo o papado de Pablo VI.

Para saber máis:

http://es.wikipedia.org/wiki/Index_Librorum_Prohibitorum#Autores_u_obras_prohibidas

SEGUNDA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA 2008-02-15

Posted by biblioxograr in : CLUB DE LECTURA , add a comment

Despois dun tempo de intercambio de opinións e de valorar moitas posibilidades, tomamos a dificil decisión de escoller o libro  ”Fahrenheit 451”  de Ray Bradbury para a seguinte sesión do noso club. Seguindo as vosas suxerencias, decantámonos por unha obra de ciencia-ficción, un clásico que poderemos ler tanto en galego coma en castelán.

Aproveitando que esta obra foi levada á pantalla por François Truffaut como novidade nesta ocasión, imos facer un cine-forum, para coñecermos algo máis da historia.

 

Cine-Forum:  Martes 25 de marzo ás 15:30 h no salón de actos do Instituto.

Sesión do Club de lectura: Mércores, día 26 de marzo, ás catro da tarde.

XA TEMOS EXEMPLARES DO LIBRO NA BIBLIOTECA.

 

 

14 de Febreiro, día dos namorados 2008-02-08

Posted by biblioxograr in : ACTIVIDADES CURSO 07-08, CONMEMORACIÓNS , add a comment

 

A medida do amor é amar sen medida.

   (San Agustín)

Se estás namorad@- doutra persoa, dunha idea, da música, da poesía, da natureza ou da vida mesma-, celébralo connosco!!

Que razón hai para que os namorados teñan como patrón a San Valentin?

Polo século III gobernaba en Roma o Emperador Claudio II, quen decidiu prohibir os matrimonios entre xoves, por considerar que os solteiros sen familia eran mellores soldados ó careceren de ataduras. San Valentín, sacerdote de gran prestixio, desobedeceu ó emperador, celebrando matrimonios en segredo. Segundo a tradición, ata o propio emperador estivo a piques de deixarse convencer pola vida e miragres do santo e convertérense ó Cristianismo. Ante a ameaza que supoñía para o imperio, San Valentín foi condenado a cadea e finalmente executado o 14 de febreiro do ano 270. Os restos mortais do santo consérvanse na Basílica do seu mesmo nome que está situada na cidade italiana de Terni.

——————————————————————————————

Que mellor cun abrazo para demostrar  sentimentos como amor e amizade?

Varios colectivos en todo o mundo tratan de favorecer o contacto humano a través dun abrazo.  En España, Joan Planas súmase a esta inciativa e crea unha web. Xustifica a súa finalidade con estas palabras: “Desexo que esta web axude a dar a coñecer e facer realide esta marabillosa actitude para unir a todas as persoas que comparten o mesmo fin: abrazar para mellorar o mundo, porque un simple abrazo motiva o corazón e fai feliz a quen o recibe“. 

Se queres saber máis: www.abrazosgratis.org

——————————————————————————————

 CITAS

  —————————————————————————————–

O amor é un sentimento que non sempre garda relación co sexo. Mais, chegado o caso,  convén que esteas preparad@ para previr enfermidades de transmisión sexual e embarazos non desexados. Na páxina web do MINISTERIO DE EDUCACIÓN E CIENCIA (MEC) podes atopar numerosos enlaces para informarte sobre o tema:

——————————————————————————————

París é a cidade do amor.¨ De seguro que os alumnos de 4º de eso quedaredes prendados dela cando a visitedes na excursión de fin de curso. 

——————————————————————————————

flecha.gifRECOMENDAMOS DE TODO CORAZÓN…

flecha.gifDE QUE PARQUE NACIONAL SE TRATA?

——————————————————————————————

Un exemplo de amor á vida e a humanidade: RITA LEVI-MONTALCINI.

NOVAS!! PARTICIPACION NO CONCURSO DA OCU DO PEQUENO CONSUMIDOR 2008-02-07

Posted by biblioxograr in : CONCURSO , add a comment

Na páxina web da Organización de Consumidores e Usuarios, están as bases para participar no IX Premio Literario do Pequeno Consumidor.

 O  tema proposto é a auga. Anímate e participa.

344884_illustration.jpg

344884_illustration.jpg344884_illustration.jpg344884_illustration.jpg

 http://www.ocu.org/