Ollos de cores 2008-06-02
Posted by biblioxograr in : Sen clasificar , trackbackQueremos recomedar moi especialmente un novo blog feito por alumnas do noso IES, Meiga Mego e C. d. H.. Como elas din: “un blog para aquelas persoas que pasan máis tempo na Lúa ca na Terra”.
Nel podedes atopar cousas tan interesantes como unha entrevista a Xavier P. Docampo, o Libro Semanal, enlaces ás páxinas oficiais dos vosos autores favoritos…, incluso unha conta atrás cara ao fin de curso.
Non deixedes de visitalo!!!!
Comments»
Moitas grazas pola publicidade!! María (Meiga Mego) e mais eu, tiñamos pensado facer un blog este verán. Tivemos unha tarde de aburrimento soberbio e creámola antes de tempo… Agora esta feito e intentaremos satisfaccer a todos aqueles que esteades dispostor a lernos e a comentar sobre o que escribimos.
Saúdos para todos!
Agora eu!!
Esperamos que o blog sexa do agrado de todos.
Tamén nos gustaría recibir comentarios: falando da entrada na que o deixades, de que vos gustaría que aparecera no blog, recomendacións…
Tamén eu dou grazas pola publi e ¡¡pasádevos polo blog!!
Bicos!!