FESTA DE HALLOWEEN 2008-10-30
Posted by biblioxograr in : ACTIVIDADES CURSO 08-09, CONCURSO , add a commentPodería parecer que a Festa de Halloween é exclusiva de Estados Unidos. Máis as súas oríxes datan da época dos Celtas ( hai 2.500 anos), e foi exportada alí por emigrantes, sobre todo irlandeses, no século XIX. A forza expansiva da cultura de Estados Unidos fixo que Halloween se popularizara tamén noutros países.
A palabra Halloween é unha deformación de All Hallow’s Eve, que en inglés tradúcese como “Víspera de Tódolos Santos”. Este foi o nome que lle deron os cristiás a certa festividade celta que, por casualidade, tiña moito que ver con este tema: Samhainn. Esta festividade sinalaba o final do verán, correspondendo coa última colleita. Este nome en gaélico fai referencia, precisamente, ó día 1 de novembro, segundo o calendario céltico.
Unha das múltiples crenzas populares é que nesta noite os espritos dos mortos regresan ó mundo dos vivos e visitan as casas dos seus parentes. Para non seren molestados polos espíritos deberá poñerser unha vela na ventá por cada difunto da familia.
Queres pasar un momento verdadeiramente terrorífico en compañía de esqueletos, bruxas, pantasmas, arañas, morcegos e outros bichos horripilantes?
ENCRUCILLADO♣
PASEO POLA XEOGRAFÍA E A ARTE …
Posted by biblioxograr in : VISITAS DIDÁCTICAS , add a comment…DAS PROVINCIAS DE LUGO, OURENSE E ZAMORA.
O pasado 20 de outubro, alumnos de Xeografía e Arte de 2º de Bac. viaxaron polas citadas provincias, realizando diversas visitas: Santuario das Ermidas (O Bolo), Morrenas de Chaguazoso (Vilariño de Conso), Parque Natural do Lago de Sanabria (Lago e Centro de Interpretación).
Non cabe dúbida de que debeu ser moi interesante. Xa sabedes: esperamos a vosa opinión sobre a viaxe!
NOVIDADES !!! 2008-10-21
Posted by biblioxograr in : CLUB DE LECTURA , add a commentPara empezar este ano con forza, informámosvos que na biblioteca podedes atopar libros de recente adquisición, moitos deles recomendados por membros do Club de Lectura. Xa sabedes, soamente tedes que vir, collelos en préstamo e empezar a disfrutar destas marabillosas obras. Ata pronto.
-
Barbery, M. “La elegancia del erizo” Ed. Seix Barral. Barcelona, 2008.
-
Benedetti, M.: “La tregua”. Alianza Editorial. Madrid, 2006.
-
De Constela, X.: “As humanas proporcións” Ed. Galaxia, 2004.
-
De Toro, Suso. “Outra Galiza”. Edicións Xerais de Galicia. Vigo, 2008.
-
Etxebarria, L.: “Cosmofobia”. Ed. Destino. Barcelona, 2007.
-
Funke, C.: “Corazón de tinta” Ed Siruela. Madrid, 2003.
-
Heuck, S.: “El enigma del maestro Joaquín”. Ed. Gran Angular. Madrid, 2006.
-
Lopo, M. e outros: “Do amor e da literatura” Ed. Linteo. Ourense, 2007.
-
Moure, G.: “Un loto na neve” Ed. Luis Vives. Pontevedra, 2006.
-
Moure, G.: “A noite a´o risón”. Ed. Xerais. Vigo, 2007.
-
O´Rivas, Manuel: “Os grouchos”. Edicións Xerais de Galicia. Vigo, 2008.
-
Rábade, X. “Mentres a herba medra”. Ed. Galaxía. Vigo, 2007.
-
Riveiro, A.: “Os ollos de k” Ed. Galaxía. Vigo, 2007.
-
Salter, J.: “A idade da auga”. Ed. Xerais. Vigo, 2007.
-
Sampedro, J.L: “La sonrisa etrusca”. Ed. Albert Skira. Barcelona, 2005.
-
Satrapi, Marjane: “Persépolis”. Norma Editorial. Barcelona, 2007.
-
Sende, S. “Made in Galiza”. Ed. Galaxia. Vigo, 2007.
-
Serrano, Marcela: “El albergue de las mujeres tristes”. Santillana Ediciones Generales. Madrid, 2003.
-
Sierra i Fabra, J.: “El asesinato de la profesora de lengua” Ed. Anaya. Madrid, 2008.
-
Vian, B.: “Cuspirei sobre as vosas tumbas” Ed. Factoria K de Libros. Vigo, 2007.
NATUREZA / MEDIO AMBIENTE
Delibes, Miguel e Delibes de Castro, Miguel: “La Tierra Herida”. Ediciones Destino. Barcelona, 2006.
Levy, David H.: “Estrellas y Planetas”. Santillana de Ediciones generales. Madrid, 2003.
Moores, Eldridge M.: “Volcanes y Terremotos”. Santillana de Ediciones generales. Madrid, 2006.
“Mundo animal y naturaleza”. Editorial LIBSA. Madrid, 2007.
E tamén temos películas………………
CLUB DE LECTURA 2008-10-20
Posted by biblioxograr in : CLUB DE LECTURA , 2 commentsO martes 18 de novembro, ás 15:30 horas celebraremos a primeira reunión deste curso do noso club de lectura “O XOGRAR LECTOR“. A obra escollida para esta ocasión é a obra do periodista Jaume Sanllorente:
SONRISAS DE BOMBAY
El viaje que cambió mi destino
Queres coñecer ao autor?
JAUME SANLLORENTE EN EMPRENDEDORES TV
XA ESTAMOS AQUÍ DE NOVO 2008-10-16
Posted by biblioxograr in : Sen clasificar , 2 commentsComeza un novo curso e a biblioteca abre de novo as súas portas con novidades que vos iremos contando nos vindeiros días. Aínda que por problemas técnicos nós non fixemos ningunha anotación no blog, xa empezamos a recibir comentarios…
Destacamos un, a modo de conto, que nos parece moi intersante. E vós que pensades?
OS SOÑOS DOS ADOLESCENTES
Esta é a historia de Penélope, non Penélope Cruz senón Penélope López. Esta é unha rapaza de 16 anos, a cal polo seu aspeto físico (máis vale ter que desexar) nunca puido ter amigas nin amigos de verdade, ou soamente uns poucos (máis vale soa que mal acompañada). Sempre foi criticada pola xente, incluso nas tendas onde se dispuña a mercar roupa. Todo o mundo era moi cruel con ela. Nalgún momento, ata algún profesor que vía a súa dificultade para practicar algún tipo de exercicio aproveitaba para mofarse dela diante dos demais compañeiros.
Cando Penélope comezou a súa andaina polo mundo todos a querían; pero os problemas comezaron nos principios da escola, cando todos os rapaces e rapazas se rían, burlaban e incluso a agredían: o que hoxe é coñecido por acoso escolar.
Ela pensaba “para que vivir?” se isto ía ser así toda a súa vida. Pero as cousas comezaron a cambiar cando chegou ós 12 anos. Ela viu que se rían dela por ser gorda, pero tamén se rían dos demais por ter a cara chea de”espinillas”, por ter que usar gafas, pola forma de vestir… Ela comezou a coller confianza e comezou a vestir como ela quería, tivo que poñer gafas e tivo a cara chea de “espinillas”, coma era habitual nos rapaces da súa idade; pero aínda merecía a pena vivir e “a palabras necias, oídos xordos”. Todos pararon de meterse con ela, comezou a ter amigos e a disfrutar da vida como nunca antes fixera. Pero cando cumpriu 14 anos as súas compañeiras saían de noite, bebían, tiñan noivo…, cousas que Penélope nunca fixera nin quería facer á súa “idade”. Entón foi criticada por todos os seus compañeiros por ser a rara do grupo; xa que eles, en vez de ir coa súa familia á festa dos pobos de arredor, ían ás discotecas; en vez de estudar ou xogar, saír e divertirse cos seus amigos e familia, ían (a escondidas dos seus pais) a beber e fumar polas esquinas ou ao sitio que para Penélope era a cousa máis horrenda do mundo: o botellón.
Todo o mundo a cría máis tonta e inferior, pero a ela comezou a darlle igual que se risen dela: ela era así e seguiría sendo así por moitos anos máis.
Eu envidio a Penélope, xa que pase o que pase sempre ten a súa cariña de nena, de felicidade e de sorriso: se alguén está malo, inténtao animar. Penélope ten 16 anos e o seu soño é estudar unha carreira e ,se pode ser, traballar e formar unha gran familia. Ao fin e ao cabo é para o que nacemos, para ser FELICES!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!