jump to navigation

VIAXE Á MARIÑA LUCENSE 2008-11-28

Posted by biblioxograr in : VISITAS DIDÁCTICAS , 1 comment so far
Unha fábrica de Conservas, un Barco Museo, o Eucaliptal de Chavin… Dende aqui invítámosvos a todos-as alumnos-as de 3º da eso a que nos contedes todo o que visitachedes o pasado día 25. Tedes que convencernos, ós profesosores, de que merece a pena que invistamos parte do noso tempo libre en acompañarvos de excursión. Vale??

“DETÉN A SIDA. XUNTOS PODEMOS.”DÍA MUNDIAL DA SIDA 2008 2008-11-26

Posted by biblioxograr in : CONMEMORACIÓNS , add a comment
Photobucket

Con este cartel, realizado por Ana Ibarra de 4º da ESO, sobran as palabras. Se queredes máis información :

http://www.msc.es/ciudadanos/enfLesiones/enfTransmisibles/sida/prevencion/diaSida08.htm

2º PREMIO NO CONCURSO DE ROBÓTICA

Posted by biblioxograr in : CONCURSO , add a comment
Dentro da Semana da Ciencia celebrouse en Lugo un obradoiro denominado A maxia da robótica que consistiu na montaxe e programación dun robot móbil cun kit de LEGO.
Un grupo de alumnos de 4º de eso do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria aplicouse na tarefa e conseguíu o SEGUNDO PREMIO!
Noraboa ós alumnos e ás profesoras .
Por aí oín comentar: “Se chegamos a saber que había premios, faríamolo mellor” . Como é iso?  Queredes dicir que…..? Esperamos unha explicación.

PRIMEIRA SESIÓN DO XOGRAR LECTOR 2008-11-20

Posted by biblioxograr in : CLUB DE LECTURA, SONRISAS DE BOMBAY , 2 comments

Un breve apunte para comentar que xa realizamos a primeira sesíón do Xograr Lector deste curso 2008-2009.  Sonrisas de Bombay - Sandra e María- foi sen dúbida unha boa elección. A algúns chamounos a atención a capacidade de entrega dalgunhas persoas, outros choraron ante tanta miseria e desgracia, e todos fumos tocados dunha sorte de lume que abrasa e que de agora en adiante - pronto ou máis tarde-  faranos sentir como nosa a dor e as necesidades dos demáis e impulsaranos a actuar.

Contamos coa colaboración de Javier, profundo coñecedor da India, e de Cristina, membra dunha ONG que ten aberta unha escola nese pais.

Ademáis catro alumnos de Seoane do Caurel  acompañaronnos e  fixeronnos partícipes dunha experiencia que realizaron no seu centro coa finalidade  de recaudar fondos para axudar aos demáis. Grazas pola vosa visita.

Sonia púxose en contacto coa  ONG de Jaume Sanllorente, para comentar o que fixemos e ofrecerlles o material realizado.

E agora , un click en  add and coment e a escribir  as vosas opinións sobre o libro, que realmente son as que contan.

QUEN DESCUBRIU…? 2008-11-14

Posted by biblioxograr in : ACTIVIDADES CURSO 08-09 , add a comment

“A curiosidade foi un dos motores da intelixencia humana. É case seguro que, fai un millón de anos, algún homínido primitivo contemplase alelado o arco da vella logo dunha tormenta e se preguntara que era iso.(…) Para coñecer o mundo hai que esforzarse e correr algún risco.
Temos a sorte de que para coñecer o mundo hoxe non hai que partir de cero nin correr grandes riscos. Cando se aprendeu a escribir, os libros convertéronse en almacéns de coñecementos, que están
á nosa disposición. Aínda que esteamos afeitos e non nos asombremos por iso, saber é case gratis. O único que require é un pouco de traballo: buscar un libro, lelo con atención… e gozar do que descubriron con moito esforzo mulleres e homes que nos precederon.”

Ricardo Gómez

Anímate a aprender con estes libros que che presentamos realizando a seguinte actividade:

QUEN DESCUBRIU…?♣

(more…)

CONCURSO ESCOLAR DE RECOLLIDA DE CARTUCHOS BALEIROS 2008-11-12

Posted by biblioxograr in : CONCURSO , add a comment

O NOSO CENTRO ESTÀ A PARTICIPAR NUN CONCURSO DE RECOLLIDA DE CARTUCHOS BALEIROS DE IMPRESORA. ADEMÁIS DO PAGO POR CADA UN, OS CENTROS QUE MÁIS CARTUCHOS RECICLEN , PODERÁN ACEDER A OUTROS PREMIOS. ESTES CARTOS EMPREGARANSE PARA AS EXCURSIÓNS. AS BASES DO CONCURSO ESTÁN EN www.recoatlantico.es

POR CADA CARTUCHO DE IMPRESORA QUE SE RECICLA, AFÓRRANSE 3 LITROS DE PETRÓLEO!!!

RECICLANDO, GANA O MEDIO AMBIENTE E GANAS TI!!!

APRENDENDO A SER COLIBRÍS: CHARLA E TALLER SOBRE SOSTIBILIDADE

Posted by biblioxograr in : ACTIVIDADES CURSO 08-09 , add a comment
Contan os guaranís cun día houbo un enorme incendio na selva. Todos os animais fuxían alporizados do terrible lume. De pronto, o xaguar viu voar sobre a súa cabeza un colibrí… en dirección contraria, é dicir, cara ó lume. Estranoulle, máis non quixo deterse. De seguida, viuno pasar de novo, esta vez na súa mesma dirección. Observou este ir e vir repetidas veces, ata que decidiu preguntar ó paxariño:
- ¿Que fas, colibrí?
- Vou á lagoa -respondeu a ave- collo auga co pico e bótoa no lume para apagalo.
O xaguar esbozou un sorriso. ¿Estás tolo? - díxolle- ¿Coidas que vas conseguir apagalo ti so e co teu pequeno pico?
Ben- respostou o colibrí- eu fago a miña parte… E dicindo esto, marchou por máis auga á lagoa.

CONTO POPULAR

Hoxe estiveron no noso centro membros da ONG “Amigos da Terra” para dar unha charla de sensibilización sobre cooperación ambiental.
Os alumnos de 1º de eso aprenderon o que significan expresións como consumo responsable,  modo de vida sostible e comercio xusto.
¿Que opinades da calidade dos productos de comercio xusto?
Esperamos a vosa opinión sobre a charla, o taller, etc.