Concurso Big Challenge 2009-05-27
Publicado por biblioxograr en : CONCURSO , add a commentMaría Vila e Tania Cotardo, alumnas do instituto Xograr Afonso Gómez de Sarria quedaron entre as 50 mellores de España no concurso Big Challenge que avaliou o nivel de cultura, gramática e pronunciación de inglés de 35.000 alumnos de toda España.
Ambas estiveron entre os cinco mellores de Galicia e outros catro compañeiros quedaron entre os dez mellores dos 700 que fixeron a proba na comunidade.
A proba consistiu nun examen de 55 preguntas tipo test, a maioría de gramática. No apartado sobre cultura anglosaxona había preguntas tan curiosas como o nome da capital de Canadá, como se chamaba o barco que levou aos primeiros colonos a Estados Unidos ou si o avó de Obama era negro.
Parabéns por este premio aos alumnos e á súa profesora Elena Morado.
Pitágoras
Publicado por biblioxograr en : BIOGRAFÍAS DE CIENTIFICOS, conCIENCIAdos , add a commentSomos José Javier e Kevin. Fixemos este traballo sobre Pitágoras porque o consideramos un personaxe interesante do que no sabiamos nada, así que nos espertou a curiosidade por saber máis del. Pareceunos interesante coñecer algo da súa vida, os seus descubrimentos…
Mulleres matemáticas 2009-05-20
Publicado por biblioxograr en : BIOGRAFÍAS DE CIENTIFICOS, conCIENCIAdos , add a commentPensa un pouco: cantos matemáticos famosos coñeces?; cantas mulleres matemáticas? Si, ao longo da historia houberon mulleres matemáticas e o seu traballo é dobremente meritorio por buscar a verdade en sociedades hostís para as mulleres.
Non están todas, faltan Sophie Germain, Sofía Kovalévskaya, Emmy Noether e tantas outras….
Podedes coñecer a vida doutros matemáticos ilustres, homes e mulleres nos libros da biblioteca:


Letras Galegas 2009 2009-05-11
Publicado por biblioxograr en : ACTIVIDADES CURSO 08-09, CONMEMORACIÓNS , add a commentA Real Academia Galega decidiu que, dezaoito anos despois de súa morte, xa é hora de revisar a figura de Ramón Piñeiro López. O ensaísta e político será o protagonista do Día das Letras Galegas do ano 2009.
Por este motivo, decidín facer un traballo sobre el nas clases de informática:
PILGRIMS PROJECT IN 1º DE BAC B. 2009-05-08
Publicado por biblioxograr en : PILGRIMS PROJECT , add a commentCHEGOU A PRIMAVEIRA E O NOSO PROGRAMA “PILGRIMS PROJECT”, UN ANO MÁIS, COMEZA A DAR OS SEUS FROITOS.
NIN QUE DICIR TEN QUE AGRADECEMOS OS PELEGRINS QUE SE ACHEGAN Ó INSTITUTO A SÚA VISITA E DESEXÁMOSLLES UNHA FELIZ ESTANZA EN GALICIA.
ESTAS SON AS PRIMEIRAS VISITAS DO CURSO 2008-2009, E QUEREMOS COMPARTILAS CON TODA A COMUNIDADE “BLOGUEIRA”.
ALANA
She was the first pilgrim to visit us this year. She was with the students of 1st BAC “B”. She had phoned the day before her visit, so the students were excited and looked forward to it.
She was an American girl who lived in San Francisco although her parents lived in Boston. Alana explained the students the difference between the East and the West coast of the States.
The students made her questions about her life, the reasons why she had chosen to do the “Camino” – some friends had told her about it and she was enjoying the experience of travelling alone and meeting so many people from different places- and about her trips, which were very interesting since Alana has travelled all over the world.
The pilgrim also made questions to the students about their interests, their daily life and their prospects in life.
The experience was very enjoyable and the students are looking forward to another visit.
COMENTS:
“Alana is a pilgrim who visited our school. She lives in the USA. She told us she was doing the Camino because she wanted to meet a lot of people. She was very nice”. Andrea and Joli.
“I think she was a good visit. She answered many questions and gave us information about English and the USA. The School needs more visits from pilgrims”. Damian.
“A boy from our class was in love with Alana. He said that she was very beautiful and very sexy and he wanted to marry her”…
KIRIE.
The second pilgrim who has visited us this year is an Australian woman called Kirie. She told the children that she had been to Spain three times but this time, doing the trail, she is enjoying the most. She also told the students that she finds spiritual peace doing the way and told them about Australia and what young people do there.
LIDYA.
She was the third pilgrim who has visited us and she visited the same course as Kirie, 4th year of PDC. She is an old Irish woman who lives in Kerries (a Viking word for “Rock”) about 10 km from Dublin. She advised the students to go to Ireland and live with an Irish family to learn English. She was asking questions to the students and telling them about her life and experience. She said that Galicia is the most beautiful area she had seen in Spain. She asked them about future plans and told them that the “Camino” was for her an interior way.
BIÓLOGOS
Publicado por biblioxograr en : BIOGRAFÍAS DE CIENTIFICOS, conCIENCIAdos , add a commentEn Bioloxía de 4º de eso fixemos un traballo para ampliar os coñecementos sobre os científicos que máis contribuíron a bioloxía. Logo,na clase informática decidimos facer un power. Esperamos que vos guste!
NOTICIAS DE CIENCIA. COSMOLOXÍA
Publicado por biblioxograr en : NOTICIAS DE CIENCIA, conCIENCIAdos , add a commentAlgo de información sobre a
orixe do Universo.
23 de abril – Día internacional do libro 2009-05-04
Publicado por biblioxograr en : ACTIVIDADES CURSO 08-09 , add a commentPara conmemorar a morte de tres dos homes máis importantes da literatura universal celébrase o Día Mundial do Libro: o 23 de abril de 1616 morreu Miguel de Cervantes Saavedra (considerado casi unanimemente como o pricipal autor da literatura castelá), William Shakespeare (máximo representante da literatura anglosaxona), e Garcilaso, el Inca, de la Vega (seudónimo de Gómez Suárez de Figueroa, peruano considerado o máis importante dos cronistas de Indias na literatura hispanoamericana).
A data foi acordada de forma definitiva no ano 1995 pola UNESCO e, por exemplo, en España faise coincidir coa entrega do Premio Cervantes, que é o máis prestixioso galardón das letras hispanas.
No noso centro levamos varios anos celebrando este día cunha exposición de traballos presentados polos alumnos de todos os cursos e convocada polo departamento de Literatura castelá. O tema dos traballos é libre, sempre que estea relacionado co mundo dos libros, en calquera lingua, e que invite ou fomente o gusto pola lectura.
A exposición deste ano é entre o 20 de abril e o 5 de maio: vén a vela. Algúns traballos son verdadeiramente bonitos; outros, moi elaborados; outros, interesantes…
Aquí tedes algunhas fotos representativas:
REBELDES
Publicado por biblioxograr en : CLUB DE LECTURA, REBELDES, Sen clasificar , add a commentO mércores 20 de maio ás 16:00 horas, na biblioteca do IES celebraremos a última sesión do noso club de lectura. O libro escollido é:
Rebeldes, Susan E. Hinton
As pelexas de rúa entre bandas rivais desencadean tal violencia, que moitas delas terminan de forma tráxica. Os conflictos familiares, a marxinación, a ausencia de futuro… levan a algúns mozos a buscar na rúa e no grupo o que non atopan na casa. Pero sempre queda un destello de esperanza.
O feito de que a autora tivera 16 anos cando escribiu Rebeldes fai que os personaxes sexan moi cribles e a historia resulte emotiva e memorable.É unha novela sobre a amizade, pero tamén sobre como enfrontarse as adversidades, o saber vivir coas circunstancias persoais.
Cando les un bo libro, tes ganas de compartilo con outros. Non basta con lelo, queres que outros o lean! Comparte con nos os mellores libros que liches. Ao remate da sesión faremos unha posta en común e recomendaremos algunha lectura para o verán.
Anímate e achégate a nosa biblioteca!



