jump to navigation

“CIENCIA” PARA TODOS 2008-06-29

Posted by biblioxograr in : ACTIVIDADES CURSO 07-08 , add a comment

Esperamos con ilusión a posta en marcha da nova materia de Ciencias para o Mundo Contemporáneo que terán todos os alumnos de 1º de BAC. Para ir facendo boca, levamos ós alumnos de 4º da ESO a un Taller de Biotecnoloxía que tivo lugar o 14 de xuño no Cefore de Lugo.

O relator foi Antonio Salas Ellacuriaga, membro do grupo de investigación de medicina xenómica da Universidade de Santiago.

Entre outros temas, a súa intervención versou sobre a xenética forense e a aplicación clínica ou médica da xenómica.

Foi de gran interese para alumnos e profesores. Esperamos que este tipo de encontros poidan  repetirse.

NOVA ZELANDA NO CAMIÑO 2008-06-21

Posted by biblioxograr in : ACTIVIDADES CURSO 07-08, CLUB DE LECTURA , add a comment

O proxecto “Pilgrims Project” promovido por Cristina segue a darnos moitas alegrías. Hai uns días tivemos a sorte de recibir no IES a visita dunha avoa de Nova Zelanda, a súa filla e o seu neto. A conversa con eles foi moi gratificante. Thank you very much for your visit!

Non hai nada máis lonxe de nós que Nova Zelanda, está nas nosas antípodas. Que pode mover a un neozelandés a achegarse a facer o Camiño de Santiago?, como pode saber da súa existencia? Como en tantas ocasións, é un libro o que nos achega a lugares e acontecementos doutros países por moi afastados que estean. Nesta ocasión foi o libro “Cen cousas que debes facer antes de morrer” o que espertou a curiosidade destes peregrinos.

EXPOSICIÓN :”A MEMORIA RECTANGULAR”. 2008-06-06

Posted by biblioxograr in : ACTIVIDADES CURSO 07-08 , 1 comment so far

 

 “ iso foi o que trouxemos na nosa viaxe a través do océano, cruzando fronteiras, pola vida: o noso pequeno almacén de anécdotas e do que ocorreu despois, o noso Érase unha vez privado. Eramos as nosas historias, e (…) a nosa inmortalidade estaría nalgúns deses relatos.”

Salman Rushdie

O proxecto da memoria rectangular nace dunha idea que tivemos no Departamento de Ciencias Sociais. Afeitos como estamos a que as nosas clases se enchan de nomes e épocas lonxanos e que semellan (só semellan) non ter, para as persoas que temos diante, ningunha conexión con elas, pensamos que sería unha boa idea propoñer aos alumnos e alumnas que se achegasen á súa propia historia, e … LER MÁIS

O CAMIÑO CONTINÚA

Posted by biblioxograr in : ACTIVIDADES CURSO 07-08 , add a comment

O peregrino Briam Willians enviou un correo dende Santiago. Unha vez rematada a súa andaina, quixo lembrar a experiencia vivida en Sarria co alumnado do Xograr. Facemos pública a súa mensaxe. O camiño continúa…..
Correo de Briam Willians

ACTIVIDADES NO CAMIÑO (DE SANTIAGO) 2008-05-27

Posted by biblioxograr in : ACTIVIDADES CURSO 07-08 , add a comment

Como xa sabedes, o Departamento de Inglés do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria está a realizar unha actividade chamada “Pilgrims Project” cos alumnos-as de 3º de  ESO.  A idea orixinal e posta en marcha da mesma debémoslla a Dna. Cristina Fontán, profesora de dito departamento, que dedicou gran parte do seu tempo libre a percorrer os sendeiros do Camiño de Santiago para informarse e informar a todo aquel que se atopase nun albergue, hostal, camping… da proposta da actividade, xa sabedes que con cartel anunciador, PILGRIMS WANTED!, e todo.

Desde entón desenvolvéronse dúas actividades no centro.

A primeira foi o 12 de maio de 2008, cando chegou un matrimonio australiano de Melbourne que xa estaba retirado e colaborou conosco de xeito que todos quedaron encantados, alumnos, matrimonio e profesoras. A experiencia foi moi positiva e os alumnos-as están desexando volver a repetila. Jenny and Steve, thank you very much for your visit!

A segunda foi o 20 de maio de 2008, nesta ocasión , tratábase dun peregrino inglés, de Manchester, nado en Alemania, de nai alemana, de 20 anos de idade , que conectou moi ben co grupo co que se levou a cabo a actividade.

Esperamos ansiosos-as a chegada de mais peregríns de agora en adiante.

“CORRELINGUA” 2008-05-19

Posted by biblioxograr in : ACTIVIDADES CURSO 07-08, CONCURSO , 3 comments

 

O pasado venres, día 9 de maio, os nosos alumnos e alumnas do 1º Ciclo da ESO asistiron en Lugo ao Correlingua 2008. Un grupo de rapazas de 2º da ESO gañaron un premio por unha pancarta e déronlles un lote de vinte libros para a biblioteca do instituto. EN HORA BOA!!!

O lema da pancarta gañadora é:

“CON 7 NOTAS MUSICAIS SOMOS CAPACES DE CREAR MELODÍAS FABULOSAS. ¡IMAXINADE CON MÁIS DE 70.000 PALABRAS GALEGAS!”

 Na foto podedes ver ás protagonistas.

 

23 de abril: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 2008-04-23

Posted by biblioxograr in : ACTIVIDADES CURSO 07-08, CONMEMORACIÓNS , 1 comment so far

Para conmemorar a morte de tres dos homes máis importantes da literatura universal celébrase o Día Mundial do Libroo 23 de abril de 1616 morreu   Miguel de Cervantes Saavedra (considerado casi unanimemente como o pricipal autor da literatura castelá), William Shakespeare (máximo representante da literatura anglosaxona), e Garcilaso, el Inca, de la Vega (seudónimo de Gómez Suárez de Figueroa, peruano considerado o máis importante dos cronistas de Indias na literatura hispanoamericana). 

 A data foi acordada de forma definitiva no ano 1995 pola UNESCO e, por exemplo, en España faise coincidir coa entrega do Premio Cervantes, que é o máis prestixioso galardón das letras hispanas.

 

No noso centro levamos varios anos celebrando este día cunha exposición de traballos presentados polos alumnos de todos os cursos e convocada polo departamento de Literatura castelá. O tema dos traballos é libre, sempre que estea relacionado co mundo dos libros, en calquera lingua, e que invite ou fomente o gusto pola lectura. 

A exposición deste ano será entre o 23 de abril e o 4 de maio.

 ¡Vén a vela!

HAI QUE MOLLARSE!. ACTIVIDADES SOBRE A AUGA E O SEU USO SOSTIBLE. 2008-04-14

Posted by biblioxograr in : ACTIVIDADES CURSO 07-08 , add a comment
“Por eso, os aires, chamándonos en vano coa súa música,
absorberon, como en vinganza,
as néboas contaxiosas do mar, as cales,
caendo sobre os campos, encheron de tanta soberbia
aos máis humildes ríos, que desbordaron as súas ribeiras”. 

  William Shakespeare (De “Soño dunha noite de verán” Acto 2 Escena 1) 

 

A auga, o composto máis  abundante na natureza, é tamén o composto máis abundante nos seres vivos. Os humanos somos auga nun 65%. Cada día necesitamos inxerir 2 l. de auga, e non poderíamos sobrevivir máis de 3 días se non o fixeramos.

 

Porque sen auga non hai vida e cada vez  é un recurso máis escaso, no Xograr Afonso Gómez de Sarria preocupámonos por este tema e tratamos de concienciar e ensinar aos nosos alumnos  o modo en que deben actuar para usar a auga de modo sostible preservándoa para as xeracións futuras.  

 

ACTIVIDADES: 

- CHARLA INFORMATIVA sobre:

. Importancia da auga para os seres vivos.
. Ciclo hidrolóxico.
. Ciclo integral da auga.

- SERES ESTRAÑOS NA AUGA: 

. Que son os cágados? En que se  converterán?

- OS SERES INVISIBLES DA AUGA:

. Observación microscópica de microorganismos da auga.

- REPARTO E EXPLICACIÓN DE TRÍPTICOS INFORMATIVOS sobre o uso sostible da auga.

- “GRAN XINCANA” sobre todo o traballado. Se queres prepararte clica aquí.

- TALLER DE PULSEIRAS e  AUDICIÓN de obras musicais relacionadas coa auga.

DIRIXIDAS A  ALUMNOS DO 1º CICLO DA ESO.

IMPARTIDAS POR ALUMNOS DE 4º DA ESO.

ADEMÁIS:

- PROXECCIÓN  E COLOQUIO SOBRE  A PELÍCULA:

  “Erin Brockowich” de Steven Soderbergh ( E.E.U.U. 2000).

- EXPOSICIÓN DE TRABALLOS realizados polos alumnos.

- EXPOSICIÓN DE LIBROS relacionados na BIBLIOTECA do Centro.

- VISITAS DIDÁCTICAS:

- Visita en Lugo á exposición itinerante “VIVE OS RÍOS DO NORTE” (1º da ESO).
- Visita ás EDAR e ETAP de Sarria (4º da ESO)
- Visita á  EDAR de Lugo (2º de BAC)
- Viaxe á EXPO DE ZARAGOZA (1º de BAC).  http://www.expozaragoza2008.es/

COORDINA: DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA

14 de Febreiro, día dos namorados 2008-02-08

Posted by biblioxograr in : ACTIVIDADES CURSO 07-08, CONMEMORACIÓNS , add a comment

 

A medida do amor é amar sen medida.

   (San Agustín)

Se estás namorad@- doutra persoa, dunha idea, da música, da poesía, da natureza ou da vida mesma-, celébralo connosco!!

Que razón hai para que os namorados teñan como patrón a San Valentin?

Polo século III gobernaba en Roma o Emperador Claudio II, quen decidiu prohibir os matrimonios entre xoves, por considerar que os solteiros sen familia eran mellores soldados ó careceren de ataduras. San Valentín, sacerdote de gran prestixio, desobedeceu ó emperador, celebrando matrimonios en segredo. Segundo a tradición, ata o propio emperador estivo a piques de deixarse convencer pola vida e miragres do santo e convertérense ó Cristianismo. Ante a ameaza que supoñía para o imperio, San Valentín foi condenado a cadea e finalmente executado o 14 de febreiro do ano 270. Os restos mortais do santo consérvanse na Basílica do seu mesmo nome que está situada na cidade italiana de Terni.

——————————————————————————————

Que mellor cun abrazo para demostrar  sentimentos como amor e amizade?

Varios colectivos en todo o mundo tratan de favorecer o contacto humano a través dun abrazo.  En España, Joan Planas súmase a esta inciativa e crea unha web. Xustifica a súa finalidade con estas palabras: “Desexo que esta web axude a dar a coñecer e facer realide esta marabillosa actitude para unir a todas as persoas que comparten o mesmo fin: abrazar para mellorar o mundo, porque un simple abrazo motiva o corazón e fai feliz a quen o recibe“. 

Se queres saber máis: www.abrazosgratis.org

——————————————————————————————

 CITAS

  —————————————————————————————–

O amor é un sentimento que non sempre garda relación co sexo. Mais, chegado o caso,  convén que esteas preparad@ para previr enfermidades de transmisión sexual e embarazos non desexados. Na páxina web do MINISTERIO DE EDUCACIÓN E CIENCIA (MEC) podes atopar numerosos enlaces para informarte sobre o tema:

——————————————————————————————

París é a cidade do amor.¨ De seguro que os alumnos de 4º de eso quedaredes prendados dela cando a visitedes na excursión de fin de curso. 

——————————————————————————————

flecha.gifRECOMENDAMOS DE TODO CORAZÓN…

flecha.gifDE QUE PARQUE NACIONAL SE TRATA?

——————————————————————————————

Un exemplo de amor á vida e a humanidade: RITA LEVI-MONTALCINI.

VEN A COÑECERME : DA BIBLIOTECA DE ALEXANDRÍA Á NOSA BIBLIOTECA 2007-12-05

Posted by biblioxograr in : ACTIVIDADES CURSO 07-08 , add a comment

blog11.JPG 

O alumnado do 1º ciclo da ESO participa nas xornadas lúdicas de presentación da biblioteca. A actividade consiste nunha viaxe polo tempo, con escala en Alexandría, que inclúe vistas das marabillas do mundo antigo e visita á biblioteca de Alexandría, berce do saber daquela época.

Achegámonos ás diferentes escrituras, desciframos xeroglíficos…