jump to navigation

NOVA REUNIÓN DO CLUB LECTOR 2010-02-25

Publicado por biblioxograr en : ACTIVIDADES CURSO 09-10, CLUB DE LECTURA 09-10 , add a comment

O martes pasado, tivo lugar a segunda reunión do club  de lectura. Como sabedes esta vez tiñamos dúas obras e un autor:

DAS COUSAS DE RAMÓN LAMOTE   e DAS NOVAS COUSAS DE RAMÓN LAMOTE,

do lugués Paco MartínContan por aí que foi unha reunión moi animada, que comezou cun concurso sobre o libro, e que o pasaron tan ben que case esquecen facer unha foto de recordo!!

Se queredes coñecer un pouco máis sobre o autor, a súas obras ou incluso enviarlle un comentario,  podedes facelo dende  a Biblioteca Virtual Galega:  BVG  

CLUB LECTOR: “DÚAS OBRAS E UN AUTOR” 2009-12-21

Publicado por biblioxograr en : CLUB DE LECTURA , 1 comment so far

“Das cousas de Ramón Lamote” E Das novas cousas de Ramón Lamote de Paco Martín, son as obras escollidas para a próxima sesión do “Club Lector”.

A finais do mes de febreiro xuntarémonos de novo para gozar coas aventuras do protagonista destas obras. Pasade pola biblioteca a recoller un exemplar . 

Photobucket

Regala libros estas festas. Bo Nadal!

2009-11-24

Publicado por biblioxograr en : ACTIVIDADES CURSO 09-10, CLUB DE LECTURA 09-10 , add a comment
Hoxe pola tarde, tivo lugar a primeira reunión do noso Club de Lectura, no que comentamos a obra Buscando a Violet Park” coa que Jenny Valentine obtivo o premio The Guardian children’s fiction prize 2007.


Aínda que botamos de menos a algúns alumnos e alumnas membros do club que xa remataron a sua andaina no Xograr, a Sabela e algúns “profes”, temos a sorte de contar con novas incorporacións de alumnado e profesorado que aportan unha brisa de aire fresco. E como non,  tamén contamos co entusiasmo de Sandra e  María!

PRIMEIRA REUNIÓN DO XOGRAR LECTOR 2009-11-15

Publicado por biblioxograr en : ACTIVIDADES CURSO 09-10, CLUB DE LECTURA , add a comment

O próximo martes 24 de novembro, ás 15:30 na biblioteca do centro,  celebraremos a primeira reunión do noso club de lectura “O Xograr Lector”. A obra escollida para esta ocasión é

“Busco a Violet Park”

BUSCO A VIOLET PARK

Quen é Violet Park? Por que se obsesiona Lucas Swain con esta estraña muller, e que ten que ver coa súa vida? A historia podería resumirse nestas frases e nas respostas a estas preguntas.
A novela comeza cando Lucas, un mozo a piques de cumprir os 16 anos, atopa nunha oficina de radiotaxis unha urna coas cinzas de Violet Park, morta cinco anos antes, o mesmo tempo que leva o seu pai desaparecido. Durante eses anos ninguén reclamou a urna, con todo Lucas sente que esa muller esconde uns segredos que compartirá con el. Non é que Violet fálelle desde o máis aló, pero sente que cando ela chega á súa vida, hai unha serie de mensaxes que Lucas debe ir descubrindo para chegar a coñecer a verdade que sempre buscou, por moi dolorosa que sexa…

ANÍMATE, ESTÁMOSTE AGARDANDO!!!!!!!!

REBELDES 2009-05-04

Publicado por biblioxograr en : CLUB DE LECTURA, REBELDES, Sen clasificar , add a comment

O mércores 20 de maio ás 16:00 horas, na biblioteca do IES celebraremos a última sesión do noso club de lectura. O libro escollido é:

Rebeldes, Susan E. Hinton

As pelexas de rúa entre bandas rivais desencadean tal violencia, que moitas delas terminan de forma tráxica. Os conflictos familiares, a marxinación, a ausencia de futuro… levan a algúns mozos a buscar na rúa e no grupo o que non atopan na casa. Pero sempre queda un destello de esperanza.


O feito de que a autora tivera 16 anos cando escribiu Rebeldes fai que os personaxes sexan moi cribles e a historia resulte emotiva e memorable.É unha novela sobre a amizade, pero tamén sobre como enfrontarse as adversidades, o saber vivir coas circunstancias persoais.

Cando les un bo libro, tes ganas de compartilo con outros. Non basta con lelo, queres que outros o lean! Comparte con nos os mellores libros que liches. Ao remate da sesión faremos unha posta en común e recomendaremos algunha lectura para o verán.

Anímate e achégate a nosa biblioteca!

Xograr lector 2009-02-10

Publicado por biblioxograr en : ACTIVIDADES CURSO 08-09, CLUB DE LECTURA , add a comment

A seguinte reunión do Club Lector celebrarase o día 17 de febreiro, á 15:30 horas. Xa sabedes que falaremos da obra de Manuel Rivas “O lapis do carpinteiro”.

E  o día 11, mércores, ás 16:00 horas, proxectaremos a película co mesmo título, baseada na novela.

Aquí podedes consultar a ficha técnica da “peli”

SEGUNDA REUNIÓN DO CLUB LECTOR 2009-01-08

Publicado por biblioxograr en : CLUB DE LECTURA , add a comment

A seguinte reunión do Xograr Lector celebrarase na segunda quincena do mes de febreiro. A obra escollida é “O lapis do carpinteiro” de Manuel Rivas.

Podemos aproveitar as vacacións de Nadal para ler o libro. Na biblioteca tedes exemplares á vosa disposición.

Tamén tedes a película de Antón Reixa baseada na novela de Rivas. Ler máis

PRIMEIRA SESIÓN DO XOGRAR LECTOR 2008-11-20

Publicado por biblioxograr en : CLUB DE LECTURA, SONRISAS DE BOMBAY , 2 comments

Un breve apunte para comentar que xa realizamos a primeira sesíón do Xograr Lector deste curso 2008-2009.  Sonrisas de Bombay – Sandra e María- foi sen dúbida unha boa elección. A algúns chamounos a atención a capacidade de entrega dalgunhas persoas, outros choraron ante tanta miseria e desgracia, e todos fumos tocados dunha sorte de lume que abrasa e que de agora en adiante – pronto ou máis tarde-  faranos sentir como nosa a dor e as necesidades dos demáis e impulsaranos a actuar.

Contamos coa colaboración de Javier, profundo coñecedor da India, e de Cristina, membra dunha ONG que ten aberta unha escola nese pais.

Ademáis catro alumnos de Seoane do Caurel  acompañaronnos e  fixeronnos partícipes dunha experiencia que realizaron no seu centro coa finalidade  de recaudar fondos para axudar aos demáis. Grazas pola vosa visita.

Sonia púxose en contacto coa  ONG de Jaume Sanllorente, para comentar o que fixemos e ofrecerlles o material realizado.

E agora , un click en  add and coment e a escribir  as vosas opinións sobre o libro, que realmente son as que contan.

NOVIDADES !!! 2008-10-21

Publicado por biblioxograr en : CLUB DE LECTURA , add a comment

Para empezar este ano con forza, informámosvos que na biblioteca podedes atopar libros de recente adquisición, moitos deles recomendados por membros do Club de Lectura. Xa sabedes, soamente tedes que vir, collelos en préstamo e empezar a disfrutar destas marabillosas obras. Ata pronto.

NATUREZA / MEDIO AMBIENTE

Delibes, Miguel e Delibes de Castro, Miguel: “La Tierra Herida”. Ediciones Destino. Barcelona, 2006.

Levy, David H.: “Estrellas y Planetas”. Santillana de Ediciones generales. Madrid, 2003.

Moores, Eldridge M.: “Volcanes y Terremotos”. Santillana de Ediciones generales. Madrid, 2006.

 “Mundo animal y naturaleza”. Editorial LIBSA. Madrid, 2007.

E tamén temos películas………………

CLUB DE LECTURA 2008-10-20

Publicado por biblioxograr en : CLUB DE LECTURA , 2 comments

O martes 18 de novembro, ás 15:30 horas celebraremos a primeira reunión deste curso do noso club de lectura O XOGRAR LECTOR. A obra escollida para esta ocasión é a obra do periodista Jaume Sanllorente:

SONRISAS DE BOMBAY

El viaje que cambió mi destino

Queres coñecer ao autor?

JAUME SANLLORENTE EN EMPRENDEDORES TV