jump to navigation

Pitágoras 2009-05-27

Publicado por biblioxograr en : BIOGRAFÍAS DE CIENTIFICOS, conCIENCIAdos , add a comment

Somos José Javier e Kevin. Fixemos este traballo sobre Pitágoras porque o consideramos un personaxe interesante do que no sabiamos nada, así que nos espertou a curiosidade por saber máis del. Pareceunos interesante coñecer algo da súa vida, os seus descubrimentos…

Mulleres matemáticas 2009-05-20

Publicado por biblioxograr en : BIOGRAFÍAS DE CIENTIFICOS, conCIENCIAdos , add a comment

Pensa un pouco: cantos matemáticos famosos coñeces?; cantas mulleres matemáticas? Si, ao longo da historia houberon mulleres matemáticas e o seu traballo é dobremente meritorio por buscar a verdade en sociedades hostís para as mulleres.

Non están todas, faltan Sophie Germain, Sofía Kovalévskaya, Emmy Noether e tantas outras….


Podedes coñecer a vida doutros matemáticos ilustres, homes e mulleres nos libros da biblioteca:

As mulleres nas Matemáticasrhmportada

BIÓLOGOS 2009-05-08

Publicado por biblioxograr en : BIOGRAFÍAS DE CIENTIFICOS, conCIENCIAdos , add a comment

En  Bioloxía de 4º de eso fixemos un traballo para ampliar os coñecementos sobre os científicos que máis contribuíron a bioloxía. Logo,na clase informática decidimos facer un power. Esperamos que vos guste!

NOTICIAS DE CIENCIA. COSMOLOXÍA

Publicado por biblioxograr en : NOTICIAS DE CIENCIA, conCIENCIAdos , add a comment

Algo de información sobre a

orixe do Universo.

Que había antes de que houbese nada? Como comezou todo?
Algo nos aclaran Lemaitre e Gamow coa súa Teoria do Big Bang.
Os alumnos de 1º de BAC fixeron este resumoen power:
Claro que todo estaría algo máis craro se saíse ben o experimento do Acelerador de Partículas, ou quizais non …

Stephen Hawking 2009-04-22

Publicado por biblioxograr en : BIOGRAFÍAS DE CIENTIFICOS, conCIENCIAdos , add a comment

Este traballo presenta de forma resumida a vida do famoso científico chamado Stephen Hawking. Este home conta co cociente intelectual mais alto do mundo actualmente. Foi feito por os alumnos de informática 4º C do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria: Diego Fernández González e Eric López López.

Na biblioteca do colexio dispose dun relato de ficción escrito por el, La clave secreta del universo

ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMÍA 2009-02-22

Publicado por biblioxograr en : CONMEMORACIÓNS, NOTICIAS DE CIENCIA, conCIENCIAdos , add a comment

A UNESCO declarou 2009 o Ano Internacional da Astronomía:

· Para conmemorar que se cumpren 400 anos dende que Galileo Galilei observou por primeira vez o ceo cun telescopio fabricado por el mesmo.

( Unha réplica dese telescopio consérvase no Museo de Ciencia de Florencia).

· Promover o importante papel das mulleres astrónomas.

Podes descargar un interesante calendario sobre “Astrónomas que fixeron historia” na seguinte dirección:

http://astronomia2009.es/lista_novedades/Calendario_Ella_es_una_Astronoma.html

· E finalmente concienciar a poboación sobre o problema ambiental da contaminación lumínica que, sobretodo nas cidades, non permite que vexamos as estrelas.

http://www.elpais.com/especial/astronomia/

conCIENCIAdos 2009-01-08

Publicado por biblioxograr en : conCIENCIAdos , add a comment

“A VERDADEIRA GRANDEZA DA CIENCIA ACABA VALORÁNDOSE POLA SÚA UTILIDADE”

Gregorio Marañón, médico e científico español (1887-1960).

“NON PERMITADES QUE CREA TER VIVIDO DE BALDE”

Últimas palabras de Tycho Brahe, Astrónomo danés (1546-1601).

Somos cidadáns do Século XXI. Erguémonos cada día coas novas a tempo real de calquera lugar do mundo, grazas ó radio-espertador. Preparamos o almorzo no microondas. Acudimos ó traballo nalgún medio de transporte, público ou privado. Comunicámonos cos amigos por moi lonxe que estean a través do “chat”. Viaxamos en avión e tren de alta velocidade. Comemos todo tipo de alimentos, ata os máis exóticos e fora de tempada. Temos multitude de opcións para empregar o tempo de ocio. Dispoñemos de medicamentos para curar moitas enfermidades e ata podemos recambiar algún órgano defectuoso…

Non so mellorou a nosa calidade de vida, tamén vivimos máis tempo. E todo grazas ós avances científicos e tecnolóxicos.

Os máis novos, nados con todas esas comodidades, son pouco dados a reflexionar sobre como sería a vida sen elas. Moito menos valoran o esforzo dos homes e mulleres que ó longo da historia veñen sacrificando as súas vidas en prol da ciencia e do progreso.

Esta sección ven a ser o recoñecemento a todas esas persoas que fixeron posibles os avances científicos e tecnolóxicos que nos permiten vivir máis e mellor.