jump to navigation

“CORRELINGUA” 2008-05-19

Posted by biblioxograr in : ACTIVIDADES CURSO 07-08, CONCURSO , 3 comments

 

O pasado venres, día 9 de maio, os nosos alumnos e alumnas do 1º Ciclo da ESO asistiron en Lugo ao Correlingua 2008. Un grupo de rapazas de 2º da ESO gañaron un premio por unha pancarta e déronlles un lote de vinte libros para a biblioteca do instituto. EN HORA BOA!!!

O lema da pancarta gañadora é:

“CON 7 NOTAS MUSICAIS SOMOS CAPACES DE CREAR MELODÍAS FABULOSAS. ¡IMAXINADE CON MÁIS DE 70.000 PALABRAS GALEGAS!”

 Na foto podedes ver ás protagonistas.

 

NOVAS!! PARTICIPACION NO CONCURSO DA OCU DO PEQUENO CONSUMIDOR 2008-02-07

Posted by biblioxograr in : CONCURSO , add a comment

Na páxina web da Organización de Consumidores e Usuarios, están as bases para participar no IX Premio Literario do Pequeno Consumidor.

 O  tema proposto é a auga. Anímate e participa.

344884_illustration.jpg

344884_illustration.jpg344884_illustration.jpg344884_illustration.jpg

 http://www.ocu.org/

VIAXE POLO MUNDO DOS CONTOS 2007-11-14

Posted by biblioxograr in : ACTIVIDADES CURSO 07-08, CONCURSO , add a comment

Seguramente, cando eras cativo/a, os teus pais, avós, tíos… che contaron unha morea de contos.

cuentos1.jpg

Propóñoche un xogo: intenta descubrir os nomes dos autores destes contos clásicos e sobradamente coñecidos por todos nós.

flecha-3.gif   VIAXE POLO MUNDO DOS CONTOS

O DEPORTE DE BUSCAR, O PREMIO DE ENCONTRAR

Posted by biblioxograr in : ACTIVIDADES CURSO 07-08, CONCURSO , add a comment

Presentámosche unha actividade en forma de xogo. Debes completar as frases facendo unha busca encadeada. Como di o lema:

“O importante é participar”

olimpiadas1.jpg

Envía a resposta directamente ó blog  ou ben, podes imprimila ou pedir unha fotocopia á profesora da biblioteca, cubrila, e depositala no buzón.

flecha-3.gif O DEPORTE DE BUSCAR, O PREMIO DE ENCONTRAR