DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE (5 DE XUÑO DE 2008) 2008-06-10
Posted by biblioxograr in : CONMEMORACIÓNS , add a comment
Este é o eslogan seleccionado para celebrar ó día Mundial do Medio Ambiente. Atoparedes información interesante no seguinte enlace:
http://www.pnuma.org/dmma2008/acerca.html
PARA ENTRAR EN AMBIENTE SELECCIONAMOS UN PAR DE CITAS QUE INVITAN Á REFLEXIÓN:
“DEBO a miña lealdade ó planeta que me fixo posible, e a toda a vida deste planeta, sexa amigable ou non. Debo tamén a miña lealdade aos 3.500 millóns de anos de vida que fixeron posible que estea aquí, como todos vos. Temos unha gran responsabilidade ante a maior poboación de todas, os centos de miles de persoas que aínda non naceron e que teñen dereito a existir, que merecen un mundo alomenos tan fermoso como o noso, e cuxos xenes están agora baixo a nosa custodia e solo baixo a nosa”.
David R. Brower, Presidente, Amigos de la Tierra.
“NON hai un lugar tranquilo nas cidades do home branco. Ningún lugar onde se poidan escoitar como se abren as follas en primavera ou o bater das alas dos insectos…. E ¿que atractivo ten a vida se o home non pode escoitar o canto solitario da noitarega, ou a discusión das ras no estanque pola noite?… Todo o que lle aconteza á Terra, aconteceralle aos fillos da terra. Si os homes esbirran ó chan, esbírranse a si mesmos. Sabemos esto: a terra non pertence ó home, é o home quén pertence á terra. Todas as cousas están conectadas como o sangue que une unha familia. Todo o que lle aconteza á terra aconteceralle aos fillos da terra. O home non teceu a rede da vida; é tan solo un dos seus fios.Todo o que chega á rede faillo a si mesmo.”
XEFE INDIO SEATTLE.
Si aínda pensas que o medio ambiente non ten nada que ver contigo , le aqui.
17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2008-05-12
Posted by biblioxograr in : CONMEMORACIÓNS , add a commentO día 17 de maio de 1963, coincidindo cos 100 anos da publicación da obra de Rosalía de Castro CANTARES GALLEGOS, celebrouse por primeira vez o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Dende entón, cada 17 de maio dedícase a unha figura da literatura galega, coa condición de que se cumpriran polo menos, 10 anos dende o seu falecemento.
Este ano está dedicado a figura de Xosé M. Álvarez Blázquez. Para coñecer á relevancia deste autor, presentámosvos un traballo feito por un alumno de 4º de ESO.
23 de abril: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 2008-04-23
Posted by biblioxograr in : ACTIVIDADES CURSO 07-08, CONMEMORACIÓNS , 1 comment so farPara conmemorar a morte de tres dos homes máis importantes da literatura universal celébrase o Día Mundial do Libro: o 23 de abril de 1616 morreu Miguel de Cervantes Saavedra (considerado casi unanimemente como o pricipal autor da literatura castelá), William Shakespeare (máximo representante da literatura anglosaxona), e Garcilaso, el Inca, de la Vega (seudónimo de Gómez Suárez de Figueroa, peruano considerado o máis importante dos cronistas de Indias na literatura hispanoamericana).
A data foi acordada de forma definitiva no ano 1995 pola UNESCO e, por exemplo, en España faise coincidir coa entrega do Premio Cervantes, que é o máis prestixioso galardón das letras hispanas.

No noso centro levamos varios anos celebrando este día cunha exposición de traballos presentados polos alumnos de todos os cursos e convocada polo departamento de Literatura castelá. O tema dos traballos é libre, sempre que estea relacionado co mundo dos libros, en calquera lingua, e que invite ou fomente o gusto pola lectura.
A exposición deste ano será entre o 23 de abril e o 4 de maio.
¡Vén a vela!
SEMANA DA SAÚDE (7-11 de abril). 2008-04-03
Posted by biblioxograr in : CONMEMORACIÓNS , add a commentPorque aprender a coidarse é moi importante, a próxima semana prestarémoslle unha especial atención á nosa saúde. Reflexionaremos sobre temas fundamentais como a nosa alimentación, o consumo de tabaco, alcol e outras drogas non legais, etc., co seguinte…
PROGRAMA DE ACTIVIDADES:
LUNS: Charla-Obradoiro de “Primeiros Auxilios”, a cargo de D. Jaime Capellá.
MARTES: Charla de “Drogodependencia“, a cargo de Dna. Olga Sánchez.
MÉRCORES: Charla sobre “Prevención de lesións medulares”, a cargo de COGAMI-LUGO.
MARTES E XOVES: “Almorzos saudables”.
Ó longo da semana -nos recreos-, repartirase froita para todo o alumnado. Colaboran os departamentos de Educación Física e Ciencias Naturais.
XOVES: Charla “A Alimentación da mocidade a exame: Da anorexia á obesidade”, a cargo da Dra. Conchita Rodríguez.
VENRES: Charla sobre “Consumo de alcol e tabaco” impartida por Dna. Olga Sánchez.
LEMBRA QUE “SOMOS O QUE COMEMOS”!!!
Tamén podedes consultar na biblioteca do centro libros relacionados co tema.
O alumnado de 4º de ESO, xa vén traballando en parte o tema, nas clases de Ciencias Medioambientais e Informática. A modo de exemplo, aí tedes dúas presentacións sobre Nutrición e Enfermidades carenciais.
DIA MUNDIAL DA AUGA 2008: SANEAMENTO 2008-03-28
Posted by biblioxograr in : CONMEMORACIÓNS , add a comment“Nunha época na que o home ten esquecido as súas orixes e está cego respecto das súas necesidades máis esenciais de supervivencia, a auga, a un tempo que outros recursos, convértese na víctima da súa indiferencia”.
Rachel L.Carson (1907-1964). ”Primavera silenciosa”.
O 22 de marzo, celébrase o Dia Mundial da Auga, unha xornada coa que se quere denunciar que case dous tercios da poboación mundial non teñen acceso a auga de calidade. Tamén preténdese instar a institucións e particulares a actuar en favor das próximas xeracións, que sufrirán as consecuencias das nosas irresponsabilidades. A Asemblea Xeral da ONU declarou o ano 2008, Ano Internacional do Saneamento. En consecuencia, o Día Mundial da Auga estará especialmente dedicado a ese aspecto.
NA SEGUINTE PRESENTACIÓN DÚAS ALUMNAS DE 4º DA ESO EXPLICAN EN QUE CONSISTE O SANEAMENTO DA AUGA.
125 ANOS DE TEATRO GALEGO 2008-03-26
Posted by biblioxograr in : CONMEMORACIÓNS , add a commentO día 13 de agosto de 1882 estreouse no Liceo Brigantino de A Coruña a que está considerada como a primeira representación teatral en lingua galega:
A fonte do xuramento de Francisco Mª de la Iglesia, destacado rexionalista e mestre de profesión.
Non cabe dúbida de que con anterioridade se terían escenificado pezas de carácter popular, especialmente para celebrar festas tradicionais, relixiosas… Pero non se documenta ningunha representación “oficial” nun teatro.
Estamos, polo tanto, de aniversario: son 125 anos os que temos que conmemorar.
Noraboa a todas e a todos!
PARTICIPA CONNOSCO!
14 de Febreiro, día dos namorados 2008-02-08
Posted by biblioxograr in : ACTIVIDADES CURSO 07-08, CONMEMORACIÓNS , add a comment
A medida do amor é amar sen medida.
(San Agustín)
Se estás namorad@- doutra persoa, dunha idea, da música, da poesía, da natureza ou da vida mesma-, celébralo connosco!!
Que razón hai para que os namorados teñan como patrón a San Valentin?
Polo século III gobernaba en Roma o Emperador Claudio II, quen decidiu prohibir os matrimonios entre xoves, por considerar que os solteiros sen familia eran mellores soldados ó careceren de ataduras. San Valentín, sacerdote de gran prestixio, desobedeceu ó emperador, celebrando matrimonios en segredo. Segundo a tradición, ata o propio emperador estivo a piques de deixarse convencer pola vida e miragres do santo e convertérense ó Cristianismo. Ante a ameaza que supoñía para o imperio, San Valentín foi condenado a cadea e finalmente executado o 14 de febreiro do ano 270. Os restos mortais do santo consérvanse na Basílica do seu mesmo nome que está situada na cidade italiana de Terni.
——————————————————————————————
Que mellor cun abrazo para demostrar sentimentos como amor e amizade?
Varios colectivos en todo o mundo tratan de favorecer o contacto humano a través dun abrazo. En España, Joan Planas súmase a esta inciativa e crea unha web. Xustifica a súa finalidade con estas palabras: “Desexo que esta web axude a dar a coñecer e facer realide esta marabillosa actitude para unir a todas as persoas que comparten o mesmo fin: abrazar para mellorar o mundo, porque un simple abrazo motiva o corazón e fai feliz a quen o recibe“.
Se queres saber máis: www.abrazosgratis.org
——————————————————————————————
CITAS
-
“As pulseiras de metal roxen si son dúas”. Proverbio africano.
-
“O amor xamais reclama; da sempre. O amor tolera, xamais se irrita, nunca se vinga”. Mahadma Gandhi.
-
“A folla, cando ama, transfórmase en flor; a flor, cando ama, convértese en froito”. Rabindranath Tagore.
-
“A medida do amor é amar sen medida”. San Agustín.
-
“Amar é o principio, amar é a forza, amar é o método”. Pablo VI.
-
“Quéreme cando menos o mereza, que será cando máis o necesite” . Robert L. Stevenson.
-
“É mellor ter amado e perdido, que non ter amado”. Tennyson.
-
“Na medida en que o sufrimento dos nenos está permitido, non existe amor verdadeiro neste mundo”. Isadora Duncan.
-
“Non creo na vida do que non ama nin na morte do amado”. Juan José Arreola.
-
“Non pode ser bo aquel que nunca amou”. Cervantes.
-
“Non hai cura para o amor, pero o amor é a cura de todos os males”. Leonard Cohen.
-
“A raíz de todas as paixóns é o amor. Del nace a tristeza, o gozo, a alegría e a desesperación”. Lope de Vega.
-
“Poñede atención: un corazón solitario non é un corazón”. Antonio Machado.
—————————————————————————————–
O amor é un sentimento que non sempre garda relación co sexo. Mais, chegado o caso, convén que esteas preparad@ para previr enfermidades de transmisión sexual e embarazos non desexados. Na páxina web do MINISTERIO DE EDUCACIÓN E CIENCIA (MEC) podes atopar numerosos enlaces para informarte sobre o tema:
——————————————————————————————
París é a cidade do amor.¨ De seguro que os alumnos de 4º de eso quedaredes prendados dela cando a visitedes na excursión de fin de curso.
——————————————————————————————
DE QUE PARQUE NACIONAL SE TRATA?
——————————————————————————————
Un exemplo de amor á vida e a humanidade: RITA LEVI-MONTALCINI.
Pensando na PAZ 2008-01-28
Posted by biblioxograr in : CONMEMORACIÓNS , add a comment-
“Non hai camiños para paz; a paz é o camiño” Mahatma Gandhi (1869-1948), político e pensador indio.
-
“Nunca houbo unha guerra boa, nin paz mala” Benjamin Franklin.
-
“A guerra é un mal que deshonra o xénero humano” FERNELON.
-
“A paz comeza cun sorriso” Nai Tareixa de Calcuta (1910-1997), misioneira iugoslava nacionalizada india.
-
“A paz esixe catro condicións esenciais: verdade, xustiza, amor e liberdade” Juan Pablo II ( 1920-2005).
-
” A victoria nunha guerra é a maior das traxedias, se exceptuamos a derrota” Wellintong Arthur (1769-1862), xeneral e político inglés.
-
“A paz máis desventaxosa é mellor cá guerra máis xusta” Erasmo de Roterdam (1469-1536), humanista neerlandés.
-
“Aínda que a guerra é o compendio de todos os males, a tiranía é o compendio de todas as guerras” Simón Bolivar
-
“Os homes construímos demasiados muros e non suficientes pontes”. Isaac Newton (1642-1727), matemático e físico británico.
30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA PAZ 2008-01-24
Posted by biblioxograr in : CONMEMORACIÓNS , add a commentTÍTULO: POEMAS POLA PAZ
Iniciativas tan marabillosas como esta deberían espallarse e facer posible que os únicos bombardeos que houber polo mundo foran de poemas.
“A poesía é unha arma cargada de futuro”
Gabriel Celaya
Segundo traballo colaborativo dos Blogs das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ
“PAZ”
É a man da paz a santa paz que enxoita
bágoas do dor en sangue da ferida,
reconforto da alma esmorecida
polos estragos da mundana loita.
É a man da paz a santa man recoita
que acolle a ovella no breñal perdida
e pondo os lobos irtos en fuxida
verte a mel do consolo encol da coita.
Trouxo, ó baixar do ceo, unha roseira
da que fixo ó silencio xardineiro
coa soedade por guión e freira.
E a chantóu, con acerto milagreiro,
na terra máis doada e criandeira;
o recatado craustro do mosteiro.
Ramón Cabanillas
Recomendamos as seguintes películas relacionadas co tema da paz:
- La lengua de las mariposas / A lingua das bolboretas
- O lapis de carpinteiro
- El diario de Ana Frank
- La vida es bella
- La vida secreta de las palabras
- Cadena de favores
- Gandhi
- La lista de Schindler
