DESPEDIMOS O CURSO E… 2008-06-29
Posted by biblioxograr in : Sen clasificar , add a comment…tamén despedimos a algúns compañeiros que por mor dos concursos de traslados nos deixan. María José, José María, Javier e José Manuel, botarémosvos de menos.
Quedarémonos coa paz interior de María José e as boas costumbres medioambientais de Javier, acompañadas da boa música ( tan ben documentada) de José María. Bicos a todos e boa sorte!
EXPO ZARAGOZA 2008 2008-06-24
Posted by biblioxograr in : Sen clasificar, VISITAS DIDÁCTICAS , 1 comment so farO pasado 19 de xuño, 17 alumnos e 3 profesores realizamos unha visita intensiva á Expo de Zaragoza, a Expo da Auga, e de volta visitamos o “Monasterio de Piedra”. Difícil saber o que nos agradou máis!
Na Expo é visita obrigada o “Pabellón Puente”, que aporta toda a información sobre os principais problemas da auga no mundo e as súas posibles solucións. Unha decepción: non poidemos firmar ó noso compromiso coa auga, non collían máis firmas. Que queres ver todas as posibilidades artísticas dunha pinga de auga?, visita a “Torre del agua”, 19 alturas- puntos de vista dende as que contemplala. Por suposto, o Acuario fluvial , ó máis grande de Europa. Aquí botamos en falta máis información.
Merecen a pena os pabellóns de España, Aragón, Japón, Sudáfrica, Alemania…
Non te perdas o Pabellón de Aguas Extremas, poderás sentir un furacán do Pacífico, unha gota fría mediterránea ou un tsunami.
Os espectáculos -a Cabalgata “El Despertar de la Serpiente” do Cirque du Soleil e “Iceberg, sinfonía poético visual” do Grupo Focus- FANTÁSTICOS!
ALGUNHAS CURIOSIDADES:
Os materiais de uso diario escolléronse segundo criterios de sostibilidade: o café e o azucre proceden do Comercio Xusto, as vaixelas son biocompostables, os bolígrafos están feitos de algas ou papel, as bolsas de fécula de pataca.
As bebidas sérvense en vasos de plástico polos que pagarás 1 euro que te devolverán cando o leves a reciclar.
Toda a enerxía consumida na Expo se produce con aeroxeradores, hortas solares, trixeneración e hidróxeno.
Preténdese compensar as 150 mil toneladas de CO2 que se emitirán a atmósfera mentres dure a Expo, plantando 3 millóns de árbores e instalando 700 desaladoras.
Puidemos constatar con gran disgusto que moitos visitantes compórtanse como cidadáns irresponsables e non contribúen a que a Expo sexa sostible. Sabedes como queda o Chanto logo dun botellón? Pois por un estilo. Temos que dicir que todos nos botamos o lixo no colector correspondente.
Ollos de cores 2008-06-02
Posted by biblioxograr in : Sen clasificar , 2 commentsQueremos recomedar moi especialmente un novo blog feito por alumnas do noso IES, Meiga Mego e C. d. H.. Como elas din: “un blog para aquelas persoas que pasan máis tempo na Lúa ca na Terra”.
Nel podedes atopar cousas tan interesantes como unha entrevista a Xavier P. Docampo, o Libro Semanal, enlaces ás páxinas oficiais dos vosos autores favoritos…, incluso unha conta atrás cara ao fin de curso.
Non deixedes de visitalo!!!!
http://ollosdecores.blogspot.com/
VIAXE DE FIN DA ESO A PARÍS 2008-04-12
Posted by biblioxograr in : Sen clasificar, VISITAS DIDÁCTICAS , 1 comment so farXA ESTADES DE VOLTA E POLA EXPRESIÓN DA VOSA CARA, MERECEU A PENA!
ANIMÁDEVOS A COMPARTIR ALGUNHA DA VOSAS EXPERIENCIAS, CONTÁNDONOS OS LUGARES QUE VISITASTES, O QUE MÁIS VOS IMPRESIONOU…
Esther cóntanos…
CURIOSIDADES 2008-02-21
Posted by biblioxograr in : CLUB DE LECTURA, Sen clasificar , 1 comment so farRecomendámosvos unha páxina en inglés, onde recompilan todos os libros prohibidos e censurados e o seu motivo. A maioría considéranse perigosos polo seu contido en determindos países. Podes buscalos por título, autor ou polos motivos polos que foron censurados.
Para facerche unha idea, se os buscas por título, o primeiro que aparece é 1984 de George Orwell. O motivo do seu perigo é que é prol-comunista e contén material sexual explícito. O “Gran Irmán” non quere que leamos algo así.
Outro exemplo é Hamlet de William Shakespeare, que foi censurado en Etiopía…
http://quotes.forbiddenlibrary.com/
——————————————————————————————————————
A finais do mes de setembro, celébrase en EEUU “A Semana dos libros censurados”, unha actividade promovida pola Asociación de Bibliotecas Americanas.
É unha boa oportunidade para reflexionar sobre a importancia da liberdade intelectual. Tamén podemos aproveitar para ler algún libro que estivera censurado como por exemplo, Tom Sawyer, O Mercader de Venecia, a serie de Harry Potter, O Cantar dos cantares….
——————————————————————————————————————
O Index Librorum Prohibitorum et Expurgatorum ou “Índice dos libros prohibidos”, tamén chamado Index Expurgatorius é unha lista das publicacións que a Igrexa Católica catalogou como libros perniciosos para a fe. Como lista oficial e a excomunión que implicaba a lectura destes libros, foi abandonada o 14 de xuño de 1966, baixo o papado de Pablo VI.
Para saber máis:
http://es.wikipedia.org/wiki/Index_Librorum_Prohibitorum#Autores_u_obras_prohibidas
O LIBRO 2008-01-09
Posted by biblioxograr in : Sen clasificar , add a commentA palabra libro está moi preto da palabra libre;
só a letra final as distancia: o o de libro e o e de libre. Non sei se ámbolos dous vocábulos veñen do latín liber, pero o certo é que se complementan perfectamente; o libro é un dos instrumentos creados polo home para facernos libres. Libres da ignorancia e a ignominia, libres tamén dos demos, dos tiranos, de febres milenaristas e turbios lexionarios, do oprobio, da trivialidade, da pequenez. O libro afirma a liberdade, amosa opcións e camiños distintos, establece a individualidade, ao mesmo tempo fortalece a sociedade,e exalta a imaxinación.
Houbo libros malditos en toda a historia, libros que encadean a intelixencia, conxélana e lixan a humanidade, pero eles quedan derrotados polos xenerosos, como O Quixote, Guerra e paz, as novelas de Galdós, todo Dikens, todo Shakespeare, A montaña máxica, os poemas de Whitman, e os de Rubén Darío, López Velarde, Pablo Neruda e Octavio Paz, Antonio Machado, Luis Cernuda e tantísimos máis que derrotaron ós outros.
Se o home non crease a escritura non teriamos saído das cavernas. A través do libro coñecemos todo o que está no noso pasado. É a fotografía e tamén a radiografía dos usos e costumes de todas as distintas civilizacións e os seus movementos. Polos libros coñecemos o pensamento chinés, grego, árabe, o de todos os séculos e todas as nacións. En fin, o libro é para nós un camiño de salvación.
Unha sociedade que non le, é unha sociedade xorda, cega e muda.
Sergio Pitol. Premio Cervantes 2005