jump to navigation

EXPO ZARAGOZA 2008 2008-06-24

Posted by biblioxograr in : Sen clasificar, VISITAS DIDÁCTICAS , 1 comment so far

O pasado 19 de xuño, 17 alumnos e 3 profesores realizamos unha visita intensiva á Expo de Zaragoza, a Expo da Auga, e de volta visitamos o “Monasterio de Piedra”. Difícil saber o que nos agradou máis!

Na Expo é visita obrigada o “Pabellón Puente”, que aporta toda a información sobre os principais problemas da auga no mundo e as súas posibles solucións. Unha decepción: non poidemos firmar ó noso compromiso coa auga, non collían máis firmas. Que queres ver todas as posibilidades artísticas dunha pinga de auga?, visita a “Torre del agua”, 19 alturas- puntos de vista dende as que contemplala.  Por suposto, o Acuario fluvial , ó máis grande de  Europa. Aquí botamos en falta máis información.

Merecen a pena os pabellóns de España, Aragón, Japón, Sudáfrica, Alemania…

Non te perdas o Pabellón de Aguas Extremas, poderás sentir un furacán do Pacífico, unha gota fría mediterránea ou un tsunami.

Os espectáculos  -a Cabalgata “El Despertar de la Serpiente” do  Cirque du Soleil“Iceberg, sinfonía poético visual” do Grupo Focus FANTÁSTICOS!

ALGUNHAS CURIOSIDADES:

Os materiais de uso diario escolléronse segundo criterios de sostibilidade: o café e o azucre proceden do Comercio Xusto, as vaixelas son biocompostables, os bolígrafos están feitos de algas ou papel, as bolsas de fécula de pataca.

As bebidas sérvense en vasos de plástico polos que pagarás 1 euro que te devolverán cando o leves a reciclar.

Toda a enerxía consumida na Expo se produce con aeroxeradores, hortas solares, trixeneración e hidróxeno.

Preténdese compensar as 150 mil toneladas de CO2 que se emitirán a atmósfera mentres dure a Expo, plantando 3 millóns de árbores e instalando 700 desaladoras.

Puidemos constatar con gran disgusto que moitos visitantes compórtanse como cidadáns irresponsables e non contribúen a  que a Expo sexa sostible. Sabedes como queda o Chanto logo dun botellón? Pois por un estilo. Temos que dicir que todos nos botamos o lixo no colector correspondente.

DE COIMBRA A SALAMANCA (viaxe realizada por alumnos de relixión de 4º de ESO e primeiro de BAC) 2008-06-23

Posted by biblioxograr in : VISITAS DIDÁCTICAS , add a comment

O grupo en Coimbra

Eran as 6 da mañá do día 15 de maio cando un grupo de 23 alumnos do nosos centro, acompañados por Antonio e Jorge, iniciamos unha viaxe que nos levou, en primeiro lugar, a Coímbra para visitar o “Portugal dos Pequeniños”. O certo é que quedamos todos abraiados do curioso das construcións cheas de historia do pasado do país veciño. Tras comer alí , visitar a sede da que foi a mellor Universidade de Portugal e andar polas rúas empinadas e estreitas, emprendimos viaxe a Salamanca. Aproveitamos para disfrutar da “movida” nocturna de Salamanca e a verdade é que todo invitaba a pensar que tamén paga a pena dedicarse a esto do estudio. Pasamos a noite na Residencia Universitarioa dos Pais Reparadores para xa durante a mañá facer un percorrido pola cidade. Estivemos na Praza Maior, na Catedral, na Pontificia, e atopamos a famosa “ra”. Comimos en ruta, e tras parar un momento en Ponferrada, chegamos a Sarria sobre as 9 da noite. Cansos, pero satisfeitos.

VISITA DO ALUMNADO DO IES VILAR PONTE DE VIVEIRO 2008-05-05

Posted by biblioxograr in : VISITAS DIDÁCTICAS , add a comment

Un grupo de alumnos e alumnas do IES VILAR PONTE de Viveiro, viñeron a Sarria para coñecer a aqueles alumnos do noso centro cos que se viñan carteando dende o mes de decembro. Na seguinte, a nosa colaboradora Esther, cóntanos a súa experiencia: O intercambio

Aquí tedes algunhas fotos da excursión que fixeron a Samos:

RUTAS LITERARIAS POLO MUSEO DE LUGO 2008-04-30

Posted by biblioxograr in : VISITAS DIDÁCTICAS , 5 comments

    Os alumnos de 2º de ESO fomos o pasado xoves, 24 de abril, ao Museo de Lugo para participar nas Rutas Literarias polo Museo.   

   Unha rapaza moi amable explicounos en que consistía a actividade: repartímonos en catro grupos, e tiñamos que ir buscando a resposta á 20 preguntas que viñan nun caderniño que nos deu a cada un de nós. Todas as solucións atopábanse ou ben nas diferentes salas do museo ou ben nun libro que nos deran días antes e que case todos léramos. O grupo que menos erros cometeu (só dous) recibiu un pequeño agasallo, aínda que esto non foi o importante, senón o ben que o pasamos seguindo as pistas e actuando como detectives.

 Aquí podedes ver algunha foto de grupo porque non se podían facer dentro das salas do museo.

 

 

E xa que estamos no Museo podemos aproveitar para visitar as salas 29, 30, 31 e 32 onde están expostas as obras do Proxecto Abertal:  99 artistas lucenses do século XXI, entre os que se atopa a profesora do noso centro Mª José Santiso.

VIAXE DE FIN DA ESO A PARÍS 2008-04-12

Posted by biblioxograr in : Sen clasificar, VISITAS DIDÁCTICAS , 1 comment so far

XA ESTADES DE VOLTA E POLA EXPRESIÓN DA VOSA CARA, MERECEU A PENA!

ANIMÁDEVOS A COMPARTIR ALGUNHA DA VOSAS EXPERIENCIAS, CONTÁNDONOS OS LUGARES QUE VISITASTES, O QUE MÁIS VOS IMPRESIONOU…

Esther cóntanos…

VIAXE A SANTIAGO DE COMPOSTELA 2008-04-10

Posted by biblioxograr in : VISITAS DIDÁCTICAS , add a comment

Os alumnos de 3º de ESO estiveron o pasado 31 de marzo en Santiago de Compostela. Asistiron a un Concerto Didáctico de Mercedes Peón no Auditorio de Galicia, e realizaron unha visita guiada á Catedral. Por certo!, o Pórtico da Gloria está a ser restaurado. Pronto poderémolo ver coas cores orixinais que accidentalmente se perderon cando os británicos lle fixeron un molde para reproducilo.

VISITA Ó PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL DE SOTAVENTO 2008-03-04

Posted by biblioxograr in : VISITAS DIDÁCTICAS , add a comment

O alumnado de 4º de ESO que ten “Medioambientais”, vén de realizar unha visita ó Parque Eólico Experimental de Sotavento. Tres alumnas nos contan a súa experiencia.

VISITA Ó PARQUE