CLUB DE LECTURA
O próximo martes 24 de novembro, ás 15:30 na biblioteca do centro, celebraremos a primeira reunión do noso club de lectura “O Xograr Lector”. A obra escollida para esta ocasión é
“Busco a Violet Park”
Quen é Violet Park? Por que se obsesiona Lucas Swain con esta estraña muller, e que ten que ver coa súa vida? A historia podería resumirse nestas frases e nas respostas a estas preguntas.
A novela comeza cando Lucas, un mozo a piques de cumprir os 16 anos, atopa nunha oficina de radiotaxis unha urna coas cinzas de Violet Park, morta cinco anos antes, o mesmo tempo que leva o seu pai desaparecido. Durante eses anos ninguén reclamou a urna, con todo Lucas sente que esa muller esconde uns segredos que compartirá con el. Non é que Violet fálelle desde o máis aló, pero sente que cando ela chega á súa vida, hai unha serie de mensaxes que Lucas debe ir descubrindo para chegar a coñecer a verdade que sempre buscou, por moi dolorosa que sexa…
ANÍMATE, ESTÁMOSTE AGARDANDO!!!!!!!!


Comentarios»
¡Encantoume o club de lectura! Penso repetir seguro!!
Gracias Carmela polo teu comentario. Esperamos que repitas, e si pode ser, que traias algún amigo ou amiga a seguinte reunión.
Non faltes!!!!
Un saúdo
Hola, preguntábame cando se saberá o libro do segundo trimestre do club lector, nun me apuntei no primeiro trimestre pero animáronme a apuntarme para este novo trimestre.( Penso que será moi divertido!!!!!!),por iso teño gañas de saber que libro se lerá!! Ata a próxima!!
A seguinte reunión será a finais de febrero, anunciaremolo no blog e tamén con diferentes carteis no instituto, pero non te preocupes, quedas fichado e avisarémoste persoalmente. Estamos a valorar varios libros, esta vez en lingua galega, un deles é Retallos do diario de Adán de Mark Twain, pero estamos abertos a suxerencias, Queremos seleccionalo libro esta semana para mercar varios exemplares e así poderedes levalos a casa durante as vacacións de nadal. Estades atentos ao blog e grazas polas vosa colaboración
moitas grazas, estarei encantado de empezar a lelo pronto!!