jump to navigation

Febreiro: mes do amor 2010-02-03

Publicado por biblioxograr en : ACTIVIDADES CURSO 09-10, CONCURSO , add a comment

Photobucket

Un dos grandes temas que impulsaron aos  escritores de todos os tempos é o amor. Ao longo deste mes de febreiro, dende a biblioteca, e coa colaboración dos distintos Departamentos imos propoñer actividades relacionadas co tema do amor.Para comezar presentámosvos o concurso: 

FEBREIRO: MES DO AMOR 

No corredor do edificio principal están expostos fragmentos de textos relacionados co amor de importantes autores moi coñecidos por todos vós. Trátase de identificar a que  obra pertencen e quen é o autor ou autora.

Anímate a participar!!!!

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ 2010-01-31

Publicado por biblioxograr en : CONMEMORACIÓNS , add a comment

Para lembrar que  existen i nxustizas sociais. Que hai moitos nenos, mulleres e homes que non teñen nin alimentos nin auga  nin mediciñas nin un fogar para vivir. Que moitos nenos sofren desamor. Que hai mulleres maltratadas e homes maltratadores. Que non amamos e repectamos suficientemente a  aqueles que nos deron a vida. Que hai guerras inxustas. Que esquilmamos  a terra que nos acubilla. Que non nos importa a  felicidade dos demáis nin o seu sufrimento…

Cada 30 de xaneiro, dende 1976, conmemoramos en todos os centros escolares  o aniversario da morte a mans asasinas do apóstolo da non-violencia  Mahatma Gandhi.

CONCURSO DE BELÉNS. 2009-12-28

Publicado por biblioxograr en : CONCURSO , add a comment

COMO CADA ANO OS CORREDORES DO INSTITUTO TRANSFÓRMANSE NUN ESCENARIO NO QUE OS ALUMNOS PLASMAN A SÚA IMAXINACIÓN E CREATIVIDADE NOS TRADICIONAIS BELÉNS. O PRIMEIRO PREMIO FOI PARA UN BELÉN NO QUE, POR MOR DO CAMBIO CLIMÁTICO,  O PORTAL DE BELÉN ESTÁ RODEADO DE AUGA E TODOS TEÑEN QUE DESPRAZARSE EN BARQUIÑA.

PARABÉNS AOS AUTORES: JAVIER, MIGUEL, ESTEFANÍA, CLAUDIA, ALFONSO, ADRIÁN, LUZ, VANESSA E MARÍA DE 2º ESO A.

CLUB LECTOR: “DÚAS OBRAS E UN AUTOR” 2009-12-21

Publicado por biblioxograr en : CLUB DE LECTURA , 1 comment so far

“Das cousas de Ramón Lamote” E Das novas cousas de Ramón Lamote de Paco Martín, son as obras escollidas para a próxima sesión do “Club Lector”.

A finais do mes de febreiro xuntarémonos de novo para gozar coas aventuras do protagonista destas obras. Pasade pola biblioteca a recoller un exemplar . 

Photobucket

Regala libros estas festas. Bo Nadal!

“E MALIA TODO EVOLUCIONAMOS”: A PEGADA DA EVOLUCIÓN NO XOGRAR AFONSO GÓMEZ DE SARRIA. 2009-12-19

Publicado por biblioxograr en : ACTIVIDADES CURSO 09-10, ANO DARWIN , add a comment

XA NOS PRIMEIROS DIAS DO CURSO A EVOLUCIÓN ENTROU NO NOSO CENTRO E DENDE A BIBLIOTECA  FOI DANDO UNHA VOLTIÑA DE  AULA EN AULA .

A PIQUES DE REMATAR O “ANO DARWIN”, ESTÁ DE NOVO NA BIBLIOTECA. AQUI PERMANECERÁ PARA SEMPRE ,  GARDADA EN VALIOSOS  LIBROS – COMO TODOS OS GRANDES SABERES DA HUMANIDADE- , ESPERANDO A VOSA VISITA.

REALIZÁRONSE MOITAS ACTIVIDADES: ENCRUCILLADOS, TEST, MANUALIDADES,  TRABALLOS  E XORNAIS  CIENTIFICOS SOBRE DARWIN E A EVOLUCIÓN. AQUÍ PODEDES VER ALGÚNS. NORABOA A TODOS OS RAPACES/AS DE 1º E 2º DE ESO E DE PRIMEIRO DE BAC, PORQUE O FIXESTES MOI BEN.

 

Co xornal “TORRE DE SARRIA” entrégase unha Colección de Cine. O primeiro DVD , un documental premiado nos máis prestixiosos certames europeos, podédelo ver a continuación.

Antía, Nerea, Mario, Antón, Lucía, Lara, Yasmina….un traballo moi esmerado!

 

VISITAS DIDÁCTICAS PASADAS POR AUGA: FONTECELTA 2009-12-02

Publicado por biblioxograr en : VISITAS DIDÁCTICAS , add a comment

OS RAPACES/AS DE 1º DE ESO APRENDERON MOITAS COUSAS SOBRE A AUGA VISITANDO UNHA INDUSTRIA DA ZONA : A PLANTA ENVASADORA DE FONTECELTA EN CÉLTIGOS. VELAHÍ TEDES ALGÚNS DOS MELLORES TRABALLOS.

FONTECELTA

EXCURSIÓN A FONTECELTA

VIAXE A FONTECELTA

Don Álvaro o la fuerza del sino

Publicado por biblioxograr en : ACTIVIDADES CURSO 09-10 , 1 comment so far

O venres 27 de novembro ás 15:30 horas celebrouse na biblioteca do centro unha sesión de lectura dramatizada coa profesora Ana Belén Durán. A obra escollida foi

Don Álvaro o la fuerza del sino 

 e aquí tedes unhas fotos da mesma.

 

2009-11-24

Publicado por biblioxograr en : ACTIVIDADES CURSO 09-10, CLUB DE LECTURA 09-10 , add a comment
Hoxe pola tarde, tivo lugar a primeira reunión do noso Club de Lectura, no que comentamos a obra Buscando a Violet Park” coa que Jenny Valentine obtivo o premio The Guardian children’s fiction prize 2007.


Aínda que botamos de menos a algúns alumnos e alumnas membros do club que xa remataron a sua andaina no Xograr, a Sabela e algúns “profes”, temos a sorte de contar con novas incorporacións de alumnado e profesorado que aportan unha brisa de aire fresco. E como non,  tamén contamos co entusiasmo de Sandra e  María!

Visita da escritora Marica Campo 2009-11-21

Publicado por biblioxograr en : ACTIVIDADES CURSO 09-10 , add a comment

O día 19 de novembro,  tivemos o pracer de recibir no noso IES  a escritora nacida no  Val do Mao, Marica Campo. Conversou animadamente co alumnado de 2º de ESO sobre  o seu libro “E Xoel aprendeu a voar”.

A visita foi organizada coa colaboración do Departamento de Lingua Galega e o Equipo de Normalización Lingüística do Xograr.

Se queres coñecer algo máis da súa vida e obra ou incluso escoitar na súa propia voz Confeso que estou tola,  visita a Biblioteca Virtual Galega.

PRIMEIRA REUNIÓN DO XOGRAR LECTOR 2009-11-15

Publicado por biblioxograr en : ACTIVIDADES CURSO 09-10, CLUB DE LECTURA , add a comment

O próximo martes 24 de novembro, ás 15:30 na biblioteca do centro,  celebraremos a primeira reunión do noso club de lectura “O Xograr Lector”. A obra escollida para esta ocasión é

“Busco a Violet Park”

BUSCO A VIOLET PARK

Quen é Violet Park? Por que se obsesiona Lucas Swain con esta estraña muller, e que ten que ver coa súa vida? A historia podería resumirse nestas frases e nas respostas a estas preguntas.
A novela comeza cando Lucas, un mozo a piques de cumprir os 16 anos, atopa nunha oficina de radiotaxis unha urna coas cinzas de Violet Park, morta cinco anos antes, o mesmo tempo que leva o seu pai desaparecido. Durante eses anos ninguén reclamou a urna, con todo Lucas sente que esa muller esconde uns segredos que compartirá con el. Non é que Violet fálelle desde o máis aló, pero sente que cando ela chega á súa vida, hai unha serie de mensaxes que Lucas debe ir descubrindo para chegar a coñecer a verdade que sempre buscou, por moi dolorosa que sexa…

ANÍMATE, ESTÁMOSTE AGARDANDO!!!!!!!!